Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.445

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (199/1995).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue procedemento xudicial sumario do Art. 131 da Lei hipotecaria, co número 199/1995, por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representado polo procurador García Piccoli Atanes, contra Hilario Ricardo Komba Divany, Begoña Elizabeth Aloy Ngmuema, nas actuacións do cal se acordou sacar á venda en poxa pública o inmoble que se describe ó final, o remate do cal terá lugar na sala de audiencia deste xulgado na forma seguinte:

En primeira poxa, o día 22 de novembro ás 10.30 horas, servindo de tipo o pactado na escritura de hipoteca, que ascende á suma de 30.150.000 pesetas.

Na segunda poxa, no caso de non quedar rematados os bens na primeira, o día 18 de decembro ás 10.30

horas, coa rebaixa do 25 por cento do tipo da primeira.

E en terceira poxa, se non se rematasen en ningunha das anteriores, o día 25 de xaneiro de 1995, ás 10.30 horas, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa en primeiro nin en segunda, poderase face-lo remate en calidade de ceder a terceiros.

2. Os que desexen tomar parte na poxa, a excepción do acredor executante, deberán consignar previamente no establecemento destinado para o efecto o vinte por cento do tipo expresado, sen este requisito non serán admitidos á licitación, no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal de Santiago de Compostela, número de conta 1500-18-019995.

3. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría, entendéndose que todo licitador acapta como bastante a titulación, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa.

Edificación no sitio de Anovado, parroquia de Santa Eulalia de Bando, neste concello de Santiago de Compostela, composta por semisoto e planta, destinada a vivenda unifamiliar, ocupando douscentos dezanove metros cadrados cada unha das plantas, casa e terreo forman un só predio da total extensión de vinte áreas e seis centiáreas. Linda: norte, en liña de cincuenta e nove metros; leste, en liña de trinta e catro metros, irmáns Fernández Padín, hoxe, polo leste, con camiño; sur, en liña de cincuenta e nove metros, camiño; e oeste, en liña de trinta e catro metros, masa común. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número un, no tomo 1.125, libro 151, folio 110, predio 17.081, inscrición 1ª.

En Santiago de Compostela o dezanove de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

6164