Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.445

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (485/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Fago saber, que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo nº 485/1994, a pedimento do procurador García Piccoli-Atanes, en representación de Jaime Darder Simonet contra Mª Pilar García Quintela sobre reclamación de cantidade e, nas súas actuacións,

acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e logo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día vintenove de novembro, ás 10 horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de: ben nº 1, 55.000 pesetas; ben nº 2, 69.800 pesetas; ben nº 3, 80.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poderen tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, conta nº 1500-17-0485/1994, o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en sobre pechado desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo do remate.

4. Reservaranse en depósito a pedimento do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda, o vindeiro día vintesete de decembro, ás 10 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será do 75% da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, ás 10 horas e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto de poxa:

Número un: reloxo de pulseira, marca Christian Duvenet, chapado en ouro, referencia 4255.

Número dous: reloxo de pulseira, marca Christian Duvenet, chapado en ouro, esfera de fantasía, correa de pel, referencia 4503.

Número tres: reloxo de pulseira, marca Christian Duvenet, chapado en ouro, referencia 769.

Santiago de Compostela o vinte de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-6357