Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995 pola que se anuncia a convocatoria do concurso aberto para a adxudicación da distribución en exclusiva, para fóra de Galicia, das obras que integran o fondo editorial da Xunta de Galicia.

Pola presente resolución anúnciase convocatoria pública para a adxudicación da distribución, en exclusiva, para fóra de Galicia, do fondo de publicacións de tódalas consellerías da Xunta de Galicia e organismos dependentes delas, nos termos seguintes:

As bases que rexerán a convocatoria son as que foron aprobadas por Orde do 31 de setembro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG do 22 de setembro) e que figuran publicadas como anexo a esta disposición, así como a normativa complementaria que figura no expediente.

Os licitadores terán que acreditar plena capacidade para contratar, para o que deben xuntar á súa proposición os documentos que se citan na normativa complementaria do expediente, e acreditar unha organización adecuada para a prestación do servicio que é obxecto do contrato.

A documentación complementaria e o modelo de proposición están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral de Contratación (edificio central de San Caetano) de 9 a 14 horas en días laborables.

As proposicións presentaranse directamente no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio central de San Caetano, en Santiago de Compostela, ata as 14 horas do día 22 de novembro de 1995.

A apertura das proposicións terá lugar na sede dos servicios centrais desta consellería ás trece horas do día trinta do mes de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 13-2-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

9506214