Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.443

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1995 pola que se declara deserta a praza 28/1994 pertencente ó corpo docente de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de medicina preventiva e saúde pública, do departamento de Bioloxía Fundamental.

Como queira que o aspirante presentado non superou a primeira proba do proceso selectivo.

Visto o artigo 9.3º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro) polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei 11/1983, de 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven,

RESOLVEU:

Primeiro.-Declarar finalizado o concurso.

Segundo.-Declarar deserta a praza 28/1994 convocada por Resolución do 21 de decembro de 1994 (BOE 19-1-1995) pertencente ó corpo docente de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de medicina preventiva e saúde pública e adscrita ó departamento de Bioloxía Fundamental da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderán os interesados logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 14 de setembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-6162