Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.442

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 26 de setembro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciados pola Orde do 29 de xuño de 1995.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 29 de xuño de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 131, do 10 de xullo de 1995), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na sua nova redacción dada polas leis 4/1991 do 8 de marzo e 3/1995 do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 29 de xuño de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 131, do 10 de xullo de 1995).

Segundo.-Adxudicar destinos, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido

no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, foran concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

N.R.P./DNI: 3497899413 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Palomanes Rodríguez, Xosé Inacio.

Código: OT.C99.10.000.32001.240.

Denominación do posto de traballo: jefe Servicio de Transportes.

Centro directivo: Delegación Provincial.

Localidade: Ourense.

Corpo ou escala: Superior da Xunta de Galicia.

Nivel: 28.

Específico: 1.300.284.

N.R.P./DNI: 3498857124 A1146.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Doval Novoa, Ana Belén.

Código: OT.C99.10.000.32001.009.

Denominación do posto de traballo: habilitado.

Centro directivo: Delegación Provincial.

Localidade: Ourense.

Corpo ou escala: Auxiliar Administrativo.

Nivel: 18.

Específico: 506.772.

95-06235