Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.442

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. (Larsa), para o período de 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995, ámbolos dous inclusive.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. (Larsa) para o período de 1-1-1995 ó 31-12-1995, inclusive, acordado o 28 de xullo de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial do convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO I

Revisión salarial do convenio colectivo da empresa Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. (Larsa) para o período 1-1-1995 ó 31-12-1995, ambas inclusive.

Pola empresa:

Gaspar Barreras Rodríguez

Jesús Crusat Méndez

Polo comité:

Valentín Fernández Currás.

Esclavitud García del Río.

Carlos March Tesouro.

César García Balboa.

Aurelio Román Domínguez.

Juan Rodríguez García.

José Salvador Celada.

Gumersindo Fernández Núñez.

En Vigo, ás 14 horas do día 28 de xullo de 1995, reúnense nas instalacións da empresa as persoas arriba relacionadas, todas elas membros da comisión negociadora do convenio colectivo de Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. e acordan:

1. Aproba-lo incremento salarial para 1995 que será do 4% sobre os conceptos salariais, con efecto retroactivo do 1 de xaneiro de 1995.

2. Na nómina do mes de agosto de 1995, procederase a actualiza-los salarios, así como ó pagamento dos retrasos correspondentes ó período xaneiro-xullo de 1995.

3. Crear unha bolsa de cartos por un importe de 300.000 ptas., para equiparar salarios de persoal dentro da mesma categoría ou función.

4. Remiti-la presente acta á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade asinan a presente en lugar e data arriba indicados.

95-6386