Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.440

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 26 de setembro de 1995 pola que se modifican determinados artigos da denominación Producto Galego de Calidade-Pataca de Galicia.

Por Orde do 19 de setembro de 1989 a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes aproba o regulamento da denominación Producto Galego de Calidade-Pataca de Galicia.

O órgano rector da mencionada denominación, na súa reunión extraordinaria do día 22 de xullo, acorda propoñer á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, a modificación de determinados artigos do regulamento particular da denominación.

A evolución actual da producción e da comercialización, así como a necesidade de renova-lo órgano rector, aconsellan acceder á mencionada modificación.

En consecuencia, de conformidade co artígo 30.1º 3º e 4º, do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícanse os artigos 5, 9, 15, 18, 19 e 21 do Regulamento da denominación Producto Galego de Calidade-Pataca de Galicia que quedan redactados como figura no anexo desta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Segunda.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento do establecido na presente orde.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Ganderia e Montes

ANEXO

Artigo 5º

1. Só se poderán amparar baixo a denominación Producto Galego de Calidade-Pataca de Galicia aqueles tubérculos que cumpran as seguintes condicións:

-Deben ser:

Enteiros.

Sans.

Consistentes.

Co aspecto característico de tipo varietal.

-Deben estar exentos de:

Humidade exterior anormal.

Olor e sabor, internos ou externos, estraños.

-Deben estar practicamente exentos de:

Mazaduras.

Picaduras, cortes ou feridas.

Xerminación.

Enverdecemento.

Danos causados polo frío.

Fortes deformacións (tocos ou carretes).

Terra ou outras materias estrañas visibles, especialmente resto de fertilizantes ou productos de tratamento.

2. En cada envase non poderán excederse as tolerancias fixadas na seguinte táboa:

DefectosTolerancia

Porcentaxe en masa

Mestura doutras variedades con igual ou distinta

cor de pel0,5%

Terra ou materiais estraños0,5%

Tubérculos danados, golpeados ou agretados1%

Tubérculos deformes1%

Tubérculos co corazón oco ou con vidrosidade0,5%

Tubérculos con sarna superficial ou pel agrelada (1)1%

Tubérculos con manchas de ferro (2)1%

Tubérculos enverdecidos (3)1%

Tubérculos con podremia seca ou húmida (4)0,5%

Tubérculos grelados (5)2%

(1) Considérase que un tubérculo está afectado de sarna ou pel agrelada cando a alteración alcanza máis dunha terceira parte da superficie total.

(2) Considérase que un tubérculo está afectado de mancha de ferro cando a alteración afecta a máis dunha oitava parte da superficie dun corte medio en sentido lonxitudinal.

(3) Considérase que un tubérculo está enverdecido cando a alteración alcanza a máis da sexta parte da súa superficie total.

(4) Un tubérculo está afectado de podremia cando presenta o menor sintoma visible de infección.

(5) Considérase que un tubérculo está grelado cando presenta un ou máis abrochos superiores a 5 mm.

3. En calquera mostra de tubérculos dun mesmo envase e lote, o contido en materia seca será superior ó 18% e o de azucres reductores superior ó 0,4%

Artigo 9º.-Envasado.

As patacas de consumo amparadas pola denominación Producto Galego de Calidade-Pataca de Galicia presentaranse calibradas, estando o seu calibre comprendido entre 40 e 80 mm.

Poderánse presentar en envases de 2, 3, 4, 5, 10, 15, 25 e 50 kg de contido neto.

Artigo 15º

1. As solicitudes de inscrición dirixiranse ó órgano rector acompañadas da documentación, información

e comprobantes que en cada caso sexan requiridos e en xeral os seguintes:

-Nome ou razón social e domicilio do titular.

-Número, situación, nome e superficie dos predios nos que se van plantar (productores).

-Inscrición no Rexistro de Industrias Agrarias (envasadores).

-Inscrición no Rexistro de Sanidade (envasadores).

-Alta no epígrafe correspondente de licencia fiscal (envasadores).

2. Para a inscrición en calquera dos dous rexistros será requisito indispensable que se cumpran as condicións establecidas no presente regulamento e demais lexislación aplicable.

3. Tódalas inscricións nos diferentes rexistros serán renovadas no prazo e forma que determine o órgano rector.

4. Para a permanencia ou renovación das inscricións, se estas deberan producirse, nos rexistros da denominación será necesario, para os productores, ter producido na campaña anterior patacas de consumo destinadas a seren protexidas pola denominación e, para os envasadores ter envasado na campaña anterior ou na actual pataca amparada pola denominación.

Artigo 18º

O órgano rector estará constituído por:

-Un presidente.

-Catro vocais en representación dos productores.

-Catro vocais en representación dos envasadores.

-Un asesor técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, que asistirá ás sesións do órgano rector con voz pero sen voto.

Artigo 19º

1. Cada unha das zonas delimitadas no artigo 7 terá, alomenos, un representante dos productores e outro dos envasadores.

Non obstante o dispuesto no páragrafo anterior, se na data da convocatoria das eleccións non houbera inscricións nalgún rexistro das zonas, o vocal ou vocais que puideran corresponderlle asignaranse ás outras zonas de acordo coa normativa vixente.

2. Para resolver cuestións de trámite, ou naqueles casos en que o pleno do órgano rector o estime necesario, o dito pleno poderá constituír unha comisión permanente que estará formada polo presidente do consello e dous vocais, un do sector productor e outro do sector envasador, designados polo pleno do órgano rector, o cal aprobará as funcións que exercerá.

Tódalas resolucións que tome a comisión permanente serán comunicadas ó pleno do órgano rector na primeira sesión que este celebre.

Artigo 21º

A renovación do órgano rector realizarase cada catro anos, podendo reelixirse os cargos.

6328