Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.440

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar do sorteo público para determina-los inspectores que formarán parte da comisión de avaliación da experiencia no exercicio da función inspectora, para efectos da adscrición indefinida nela, dos funcionarios docentes con exercicio continuado durante un período de seis anos na mencionada función.

O artigo 31 do Decreto 135/1993, do 24 de xullo, (DOG do 29) establece no seu artigo 31 que a avaliación da experiencia no exercicio da función inspectora, para efectos da adscrición por tempo indefinido, dos funcionarios docentes con exercicio continuado durante seis anos na mencionada función, levarase a cabo por unha comisión integrada, entre outros membros, por tres inspectores designados por sorteo público de entre os funcionarios pertencentes ó corpo de inspectores ó servicio da Administración Educativa e funcionarios docentes adscritos con carácter indefinido á función inspectora.

Para efectos de avalia-los funcionarios docentes que se atopan no sexto ano da función inspectora, de conformidade coa Orde do 28 de febreiro de 1995 (DOG do 5 de abril) e coa disposición transitoria da Orde do 11 de maio de 1995 (DOG do 29 de xuño), cómpre designar por sorteo público os tres vocais da comisión avaliadora.

Na súa virtude esta Dirección Xeral,

RESOLVEU:

Anuncia-lo sorteo que terá lugar o vindeiro día 19 de outubro de 1995, ás 9 horas no edificio que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ten en San Lázaro nº 107, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1995.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

6327