Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Xustiza e Interior, pola que se dispón a publicación, para efectos de notificación das resolucións recaídas nos expedientes sancionadores número GA-199-1/93 e GA-200-1/93.

Téndose intentado inutilmente as dúas notificacións directas anteriores cursadas á sociedade Complejo Educativo, S.A. na tramitación deste expediente, e ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resolvo dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo adoptado, entre outros, polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de xullo de 1995, que na súa parte dispositiva di o seguinte:

Sancionar á E.O. Complejo Educativo, S.A. solidariamente co seu xerente-apoderado, Jesús Fernández-Pedrera Morales, DNI 36.275.439, con multa de un millón unha pesetas (1.000.001 de ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 28 a), en relación cos apartados c) e d), da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigo 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación unha máquina tipo «B» no establecemento Restaurante de Pau, do concello do Pino (A Coruña), carecendo da documentación preceptiva, esixida pola lexislación vixente.

Impoñer como sanción accesoria a destrucción da respectiva máquina tipo «B», comisada por carecer de toda documentación preceptiva, esixida legalmente.

Expediente sancionador: 200-1/93.

Téndose intentado inutilmente as dúa notificacións directadas anteriores cursadas á sociedade Complejo Educativo, S.A. na tramitación deste expediente, e ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resolvo dis

poñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo adoptado, entre outros, polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de xullo de 1995, que na súa parte dispositiva di o seguinte:

Sancionar á E.O. Complejo Educativo, S.A. solidariamente co seu xerente-apoderado, Jesús Fernández Pedrera Morales, DNI 36.275.439, con multa de un millón unha pesetas (1.000.001 ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 28 a), en relación cos apartados c) e d), da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación unha máquina tipo «B» no establecemento Pulpería Rosende, do concello de Boqueixón (A Coruña), carecendo da documentación preceptiva, esixida pola lexislación vixente.

Impoñer como sanción accesoria a destrucción da respectiva máquina tipo «B», decomisada por carecer de toda documentación preceptiva, esixida legalmente.

Contra estes acordos, que son executivos, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, na forma prevista na Lei xurisdiccional do contencioso-administrativo e no artigo 89.3º da Lei 30/1992.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación destes acordos, para efectua-lo pagamento das multas en período voluntario na conta restrixinda de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multa e sancións, nº 311.300.4355/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1995.

Joaquín Macías Sánchez

Director xeral de Xustiza e Interior