Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Cocineros.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Cocineros que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán petencer á devandita asociación os profesionais de cociña e traballos afíns, ou especialidades vinculadas a estes menesteres e á gastronomía en xeral.

Asinan a acta de constitución: Andrés Condide Viaño e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1995.

Juan Pedroso Vicente

Director xeral de Relacións Laborais