Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1995 pola que se anuncia concurso para a concesión da prestación do servicio de actividades físicas e deportivas do Concello da Coruña.

Obxecto: concesión da prestación do servicio de actividades físicas e deportivas do Concello da Coruña (C95/1).

Tipo de licitación: 85.000.000 de pesetas anuais (IVE incluído).

Garantías: provisional 1.700.000 pesetas. Definitiva 4% do prezo do contrato.

Modelo de proposicións: reintegradas cun timbre municipal de 51.240 pesetas, as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para concesión da prestación do servicio de actividades físicas e deportivas do Concello da Coruña, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... (IVE incluído) de acordo co expresado na memoria anexa.

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.»

Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia na Unidade de Obras e Concesións, 2º andar do Pazo Municipal, Praza de Mª Pita nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 21 de setembro de 1995.

O alcalde

Rubricado