Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de poxa en procedemento aberto para a contratación de obras.

1. Obxecto do contrato.

O obxecto do contrato é a execución da obra proxecto de urbanización da U.A. 34 conforme o proxecto redactado polo arquitecto Valentín Souto García, que foi aprobado polo Pleno Municipal en sesión do día 13 de outubro de 1992.

2. Tipo de licitación.

O tipo que servirá de base para a licitación e que poderá ser mellorado á baixa, é de doce millóns setecentas vintetrés mil oitocentas noventa e oito pesetas, IVE incluído (12.723.898 ptas.), debendo expresar con toda claridade os licitadores a cantidade pola que se comprometen a executa-la obra, entendéndose que no prezo das ofertas vai incluído o IVE.

3. Garantías.

-Para tomar parte na poxa será requisito necesario acredita-la constitución previa dunha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento do contrato.

-O adxudicatario deberá constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do orzamento da obra.

-No caso previsto no artigo 37.4º da Lei de contratos das administracións públicas (en adiante LCAP), a garantía definitiva será do 100% do importe total do contrato adxudicado.

4. Financiamento das obras.

As obrigas económicas que se derivan do cumprimento deste contrato para o concello atenderanse con cargo á aplicación orzamentaria 432-601.

5. Duración do contrato e execución das obras.

As obras deberán estar executadas no prazo de seis meses a partir da data da acta de replanteo.

6. Capacidade para contratar.

Poderán participar por si ou por medio dos seus representantes legais, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade de obrar non estean incluídas nalgunha das circunstancias que enumera o artigo 20 da LCAP.

Poderá tamén contratarse con agrupacións de empresas que se constitúan temporalmente para o efecto, na forma sinalada no artigo 24 da LCAP.

7. Proposicións e documentación complementaria.

-As proposicións para tomar parte na poxa presentaranse no rexistro xeral do concello ata as 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais a contar desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación (BOP ou DOG).

-As proposicións presentaranse en dous sobres pechados, A) e B), que poderán estar lacrados, asinados polo licitador ou o seu representante, nos que figurará, ademais do nome e apelidos ou razón social

do mesmo, o seguinte lema: «Sobre A): proposición para tomar parte na poxa da obra proxecto de urbanización da U.A. nº 34».

-A proposición axustarase ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en... teléfono... con DNI nº..., no meu propio nome (ou en representación de..., o que acredito con escritura de apoderamento debidamente acreditada en canto á suficiencia que achego), comprométome a executa-las obras do proxecto de urbanización da U.A. nº 34, no prezo de... (en letra e número), IVE incluído, que supón unha baixa de... ptas., conforme o proxecto técnico e prego de cláusulas administrativas particulares aprobado pola corporación e que acepto integramente. Lugar, data e sinatura».

-Os licitadores presentarán en sobre á parte, no que figurará ademais do nome e apelidos ou razón social do licitador ou o seu representante o seguinte lema: «Sobre B: documentación proposición para tomar parte na poxa da obra proxecto de urbanización da U.A. nº 34», os documentos relacionados no artigo 80.2º da LCAP.

Os documentos que se presenten deberán ser orixinais ou fotocopias dilixenciadas polo secretario, nas que se faga constar que foron compulsadas cos seus orixinais.

8. Apertura de propostas e adxudicación.

-A apertura das proposicións terá lugar na Casa do Concello, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación, agás se fose sábado, tendo, neste caso, lugar o acto o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

-A adxudicación será efectuada pola Comisión de Goberno no prazo de 20 días a contar desde o seguinte ó de apertura das proposicións.

9. Gastos de anuncios e tributos.

-O adxudicatario ten a obriga de pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación en diarios oficiais e medios de comunicación, así como os de adxudicación e o anuncio de devolución de garantía.

-Así mesmo deberá pagar tódolos impostos, contribucións e taxas que pesen sobre e o contrato ou, se é o caso, sobre o obxecto do contrato, así como os honorarios de dirección de obra.

10. Réxime xurídico do contrato.

-O contrato derivado do presente prego ten carácter administrativo, regulándose pola Lei de contratos das administracións públicas, de acordo co réxime transitorio nela previsto e disposicións de desenvolvemento, aplicándose supletoriamente as restantes normas do dereito administrativo e, no seu defecto, do dereito privado.

O proxecto e prego de condicións poden consultarse nas oficinas municipais durante o prazo indicado para presentación de proposicións.

Culleredo, 12 de setembro de 1995.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións