Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación incial da modificación puntual do PXOU para a recualificación dos terreos ocupados pola antiga prisión provincial da Parda, con cesión dunha parcela para equipamento público, en cumprimento do convenio formalizado entre SIEP, S.A. e este concello.

O Pleno da Corporación, en sesión do 28 de setembro de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación inicial á modificación puntual do PXOU para a recualificación dos terreos ocupados pola antiga prisión provincial da Prada, coa cesión dunha parcela para equipamento público de carácter socioasistencial, en cumprimento do convenio formalizado entre a empresa Sociedad de Infraestructuras y Equipamientos Penitenciarios, S.A. (SIEP, S.A.) e este concello, sendo formulado este documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, documentación que será dilixencia polo secretario xeral da corporación.

Segundo.-Acorda-la suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito espacial afectado pola presente modificación de planeamento de ordenación integral que se delimita a continuación:

Actual recinto da prisión comprendido pola travesía dos presos e o cerrado do recinto e rúas previstas no planeamento que o circundan.

A suspensión determinada por esta aprobación inicial terá unha duración máxima de dous anos, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación definitiva do planeamento. Sen embargo, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

Terceiro.-Someter a información pública o expediente por prazo de un mes mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para efectos de que nese período poidan formularse as alegacións e suxestións pertinentes, computándose o momento inicial do prazo de alegacións a partir da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Conceder audiencia ós seguintes organismos, co obxecto de que remitan este acordo ós diversos órganos periféricos das súas respectivas administracións públicas ou ben formulen as correspondentes alegacións ou emitan os seus oportunos informes, mediante a notificación deste acordo, podendo durante o referido prazo, examinar no concello o expediente:

-Delegación do Goberno central en Galicia.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.

Durante o prazo de un mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente incoado na Unidade de Fomento deste concello (rúa Dona Teresa), e presenta-las alegacións que estime pertinentes.

Pontevedra, 29 de setembro de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral