Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOU para a recualificación dos terreos de Renfe afectos á zona ferroviaria de equipamento ferroviario e obtención dos terreos polo concello para un centro intermodal de transportes, equipamento comunitario e para a avenida Eduardo Pondal, en cumprimento do convenio formalizado entre Renfe e este concello.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 28 de setembro de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación inicial á modificación puntual do PXOU para a recualificación dos terreos de Renfe afectos á zona ferroviaria de equipamento ferroviario e obtención dos terreos polo concello para un centro intermodal de transportes, equipamento comunitario docente ou socio-asistencial e para avenida Eduardo Pondal, en cumprimento do convenio formalizado entre a empresa Renfe e este concello, sendo formulado este documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio pola citada empresa e redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro (Arteplán, S.L.) documentación que será dilixenciada polo secretario xeral da corporación.

Segundo.-Acorda-la suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito espacial afectado pola presente modificación do planeamento de ordenación integral que se delimita a continuación:

Actual recinto destinado a equipamento ferroviario comprendido pola estación de ferrocarril, servicios e aparcamentos, zona ferroviaria con vías, peiraos de carga e descarga de mercancías e naves, Este espacio descríbese no plano «1-3» do proxecto e atópase delimitado pola avenida Eduardo Pondal e rúa Otero Pedrayo no tramo lindante co recinto de Renfe ata enlazar a través do túnel de debaixo da vía do ferrocarril con cambio de pendente da rúa Otero Pedrayo desde o que se prolonga pola totalidade do cerrado que delimita e circunda o recinto pola rúa Entrevías e propiedades particulares ata volver ó seu inicio na avenida Eduardo Pondal.

A suspensión determinada por esta aprobación inicial terá unha duración máxima de dous anos, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación defi

nitiva do planeamento. Sen embargo, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se repecten as determinacións do novo planeamento.

Terceiro.-Someter a información pública o expediente por prazo de un mes mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para efectos de que durante o devandito período poidan formularse as alegacións e suxestións pertinentes, computándose o momento inicial do prazo de alegacións a partir da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Conceder audiencia ós seguintes organismos, co obxecto de que remitan este acordo ós diversos órganos periféricos das súas respectivas administracións públicas ou ben formulen as correspondentes alegacións ou emitan os seus oportunos informes, mediante a notificación deste acordo, podendo, durante o referido prazo, examinar no concello o expediente:

-Delegación do Goberno central en Galicia.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.

-Unidade de Pontevedra da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente, en canto que o concello terá que tramitar unha modificación do PXOU para facilita-lo acceso ó centro intermodal de transportes desde o nó do Pino, pois o vial arrincará dese nó, bucle de enlace da CN-553 (nó do Pino-autovía de Marín) coa CN-550 (tramo Pontevedra-Vigo).

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente incoado na Unidade de Fomento deste concello (rúa Dona Teresa), e presenta-las alegacións que estime pertinentes.

Pontevedra, 29 de setembro de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral