Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.369

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL-DIRECCIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO.

En cumprimento do establecido no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común procédese á publicación da seguinte resolución de reclamación de débeda en concepto de liquidación de capital custo:

Empresa responsable: Norpesca, S.A. de C.V.

CIF: 150510400.

C.C.C.: 15/510.400-03.

Traballador: Andrés González Vicente.

Capital custo: 2.420.741.

Xuros de capitalización (4%) desde 17-2-1993 ata 1-6-1995: 227.241.

(Art. 86.2º R.D. 1517/1991 e O. 23-8-1985 BOE do 25-10-1991 e 30-9-1985).

Líquido a ingresar: 2.647.982 ptas.

De conformidade co establecido nos artigos 86.2º do R.D. 1517/1991, do 11 de outubro (BOE do 25-10), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación dos recursos do sistema da Seguridade Social, e 99.1º e 100.1º e 2º da Orde do 8 de abril de 1992 (BOE do 15-4), de desenvolvemento do dito real decreto, e dado que foi declarada a responsabilidade desta empresa con respecto ó aboamento de pensión, en resolución administrativa dictada pola Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña de Vilagarcía de Arousa, do 13-5-1994, notifícaselle a reclamación arriba sinalada, segundo nota de cálculo actuarial que se xunta á presente, da que o importe deberá ingresarse en calquera sucursal da Caixa Postal de Aforros, para o seu aboamento na conta número 2.923.804 aberta a nome da Tesourería Xeral da Seguridade Social-Recursos

Diversos Centralizados no prazo de quince días hábiles a partir da recepción da presente reclamación, presentando para tal efecto o modelo TAT-8 que se achega por triplicado, do que se roga que se devolva un dos exemplares a esta Tesourería Xeral, coa dilixencia de pagamento.

En caso de non pagamento no prazo indicado incrementarase o seu importe cun recargo de mora do 20% se se pagar dentro dos dous meses seguintes e, no seu defecto, iniciarase a vía de constrinximento cun recargo do 20%, e as custas a que haxa lugar, conforme os artigos 87 e 100 do regulamento e orde citados, para o que esta reclamación de débeda consitúe título executivo suficiente.

Faise expresa advertencia de que no prazo dun mes se poderá interpor recurso ordinario ante o director xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social, de acuerdo co disposto no artigo 31.3º da Lei xeral da Seguridade Social, segundo redacción dada polo artigo 29 da Lei 42/1994 (BOE do 31-12-1994).

A interposición do recurso non suspenderá o procedemento recadatorio, salvo que se garanta con aval suficiente ou se consigne o importe da débeda (Art. 30.4º da Lei xeral da Seguridade Social, segudo redacción dada pola Lei 42/1994).

Rubricado