Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 11 de setembro de 1995, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de prego de cargos en expedientes sancionadores (C-842/1995 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de nvoembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de nvoembro de 1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan prego de cargos en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ribeira (Praza dos Mariñeiros, s/n), e presentar ante a dita delegación as

alegacións que coiden pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-0842/1995, C-848/1995 e C-852/1995.

Denunciado: Marcelino Manuel Sanisidro Pose.

Domicilio: Ponte Barbanza, 24, A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Nª de expediente: C-0994/1995.

Denunciado: Francisco Hermo Noal.

Domicilio: Argalo-Noia (A Coruña).

A Coruña, 11 de setembro de 1995.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña