Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (326/1995).

Que nos presentes autos de separación matrimonial número 326/1995, promovidos por María Josefa Reino Seráns contra José Adelino Prego Prego, dictouse a resolución seguinte:

Proposta de providencia.

Secretario/a del Castillo de Comas.

En Ribeira o un de setembro de mil novecentos noventa e cinco, dada conta, presentada a anterior demanda cos documentos que a acompañan e copias preceptivas, ás que se lles dará o seu destino legal, fórmense os oportunos autos que se rexistrarán cos da súa clase.

Admítese a trámite a demanda de separación matrimonial que se insta, que se instruirá segundo as normas procesais que lle son propias; confíraselle traslado ó demandado José Adelino Prego Prego para que, no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, conteste a demanda e formule, se é o caso, reconvención baixo apercibimento de que, se non o verificar, será declarado en rebeldía e recaerán sobre el os demais prexuízos que sinala a lei. E expido para tal fin cédula que se publicará no DOG por descoñecerse o seu paradoiro.

Tense por comparecido e parte, na representación de María Josefa Reino Seráns o procurador Liñares Martínez, segundo acredita coa oportuna copia de poder con que se entenderán as sucesivas dilixencias na forma que determina a lei.

Emprácese o Ministerio Fiscal dada a existencia de fillos menores.

Así o propoño e asino.

O/A xuíz. Rubricado. Ante min.

E para que lle sirva de emprazamento en legal forma para tódolos fins e termos legais a José Adelino Prego Prego, expido e asino a presente cédula en Ribeira o un de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6071