Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (105/1995).

En cumprimento do acordado por providencia de data 15 de xuño de 1995, a xuíza de primeira instancia e instrucción de Muros (A Coruña) fai saber que neste xulgado e co nº 105/1995, por instancia de José Mayo Romero, representado polo procurador Monteagudo Romero, sobre declaración de falecemento de seu irmán Manuel Mayo Romero, con domicilio en Vilariño, O Freixo-Outes, nacido o 7 de xaneiro de 1936.

Manuel Mayo Romero era mariñeiro, estaba enrolado nun pesqueiro chamado María Luisa que faenaba pola illa de Ons, en Pontevedra.

Esta embarcación naufragou, debido ó mal tempo, o día 10 de novembro de 1950, nas proximidades da illa de Ons. Desde esta data nunca se tiveron noticias de Manuel Mayo Romero, de catorce anos de idade, nin apareceu o corpo.

O que, para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da LAC, en relación cos artigos 193 e concordantes do Código Civil, se fai público mediante o presente edicto, o que se publicará no taboleiro de anuncios deste xulgado, no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, por dúas veces e con intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida constituírse en parte perante este xulgado para ser oído no mencionado expediente.

Dado en Muros o 15 de xuño de 1995.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-6032