Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.278

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRINTA E DOUS DE MADRID

EDICTO de poxa (1379/1989).

Agustín Gómez Salcedo, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número trinta e dous de Madrid, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria baixo o número 1379/1989, a pedimento de Banco Bilbao Vizcaya, S.A. contra Arsenio Bargueiras Castro, Anuncia Vázquez Vila, Ángel Raposo Jato e Clara Hidalgo Montenegro, nos que se acordou sacar a pública poxa, por termo de 20 días, os bens que logo se dirá, coas seguintes condicións:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate da primeira poxa o próximo día 22 de novembro de 1995,

ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 13.116.800 ptas.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 17 de xaneiro de 1996, ás 10.40 horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

3. Se resultase deserta a segunda sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 14 de febreiro de 1996, ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda, non se admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas, os licitadores deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, e calcularase esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que poderá consignarse na conta provisional de consignacións número 2460 do Banco de Bilbao Vizcaya (Capitán Haya 55, oficina 4070) deste xulgado, presentando no dito caso o resgardo do ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa; entenderase que todo licitador os acepta como bastantes sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar; e entenderase que o adxudicatario as acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

7. Poderán facerse ofertas en prego pechado e o remate poderá verificarse en calidade de llo ceder a terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o seguinte venres hábil da semana dentro da que se sinalase a poxa suspendida, no caso de que fose festivo o día da celebración ou houbese un número excesivo de poxas para o mesmo día.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que corresponda ó mellor postor, que se reservarán en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

10. De o pedi-lo acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros postores e sempre pola orde destas.

11. A publicación dos presentes edictos serve como notificación no predio hipotecado dos sinalamentos

das poxas, para efectos do derradeiro parágrafo da regra 7ª do artigo 131.

Bens obxecto de poxa.

Predio sito na parroquia de Bonxe, concello de Outeiro de Rei, provincia de Lugo, o denominado Monte Vello, destinado a monte, de cabida unha hectárea, doce áreas, oitenta e sete centiáreas e cincuenta decímetros cadrados, hoxe pechado cun muro de bloque e tea metálica.

Inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Lugo, ó tomo 947, libro 54, folio 157, predio rexistrado número 4171.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto en Madrid o 7 de xullo de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

6165