Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (99/1992-01).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que no xuízo executivo seguido ante este xulgado co número 99/1992, promovido por B.B.V. Leasing, S.A., representado pola procuradora Sánchez Silva, contra a enti

dade López Besada, S.L., Raúl Besada Pombo e Helena Carmen Vázquez Rey, sobre reclamación de cantidade de 1.823.925 pesetas, importe do principal e máis 600.000 pesetas para xuros e custas; e dado que os demandados se atopan en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto, cítaselles co fin de que, no termo improrrogable de nove días, comparezan en autos en legal forma, mediante procurador e letrado e se opoñan á execución se lles conviñer, e fagan constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría á súa disposición. E apercíboos de que, de non compareceren, serán declarados en rebeldía e o preito seguirá o seu curso, sen volver a citalos nin facerlles outras notificacións que as que determine a lei.

Faise constar que, pola parte demandante, se reserva o dereito de designa-los bens que se van embargar.

E, para que así conste e lles sirva de citación en legal forma ós demandados en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto, en Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

95-6035