Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (166/1995-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 166/1995 a pedimento de José Manuel Rodríguez Caneda contra Francisco Javier Rodríguez Aguiño, e nas súas actuacións en resolución desta data acordouse citar a José Manuel Rodríguez Caneda co fin de que, o día nove de novembro ás once trinte horas, compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas e apercíboo de que, no caso de non verificalo, recaerá sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a José Manel Rodríguez Caneda, expido e asino en Santiago de Compostela o cinco de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

95-6034