Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (188/1995-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 188/1985, a pedimento de Francisco J. Marxuach García contra Natalie Brigite e Miriam Delaitre, e nas súas actuacións en resolución desta data, acordouse citar a Natalie Brigite e Miriam Delaitre co fin de que, o día vintetrés de novembro ás dez quince horas, comparezan perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas e apercíboas de que, no caso de non verificalo, recaerá sobre elas o prexuízo ó que houber dereito e que deberán com

parecer asistidas das probas das que intenten valerse.

E, para que conste e lles sirva de citación a Natalie Brigite e Miriam Delaitre, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o cinco de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

95-5720