Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (153/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos dos que se fará mérito, dictouse a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dezanove de xullo de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 153/1995, seguido por danos; sendo denunciante Ulpiano Castro Bouzón, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada José Luis Lago Sánchez, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Luis Lago Sánchez da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a José Luis Lago Sánchez, quen se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintedous de agosto de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-5890