Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (105/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos dos que se fará mérito, dictouse a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dezaséis de novembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

catro dos do partido os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 105/1994, seguidos por coaccións, sendo denunciante Juan José Rodríguez Sanmartín, maior de idade e aparecendo como parte denunciada José Manuel García Castro e José Luis Cotelo Felpete, maiores de idade, coa defensa letrada de José López Fernández, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Manuel García Castro e a José Luis Cotelo Felpete da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que conste e lle sirva de notificación en legal forma a Juan José Rodríguez Sanmartín e Saturno Sánchez Salido, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de agosto de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6033