Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.281

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (813/1989).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos dos que se fará mérito, dictouse sentencia, cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dous de marzo de mil novecentos noventa e un. Ramón Lojo Aller, maxistrado-xuíz con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro desta cidade, visto o presente xuízo verbal de faltas número 813/1989, seguido por furto, entre partes: denunciante, Enrique Vázquez Fernández, maior de idade, fillo de Enrique e de Isabel, casado, médico, con domicilio en Santiago de Compostela, rúa Alfredo Brañas, 6, escaleira B-8º A; denunciado, José Antonio Caeiro Solar, maior de idade, fillo de José e de Mercedes, con domicilio en Santiago de Compostela, rúa Eduardo Pondal, número 24-3º, e no que foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a José Antonio Caeiro Solar da falta de furto que se lle imputa, con declaración das custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Enrique Vázquez Fernández, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino

a presente cédula, en Santiago de Compostela o cinco de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-5889