Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.281

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (1247/1990).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen actuacións de xuízo de faltas co número 1247/1990, sobre ameazas, nas que se dictou resolución do teor literal seguinte:

«Proposta de providencia.

Secretario Villalpando Lucas

En Santiago de Compostela o 24 de xaneiro de 1995, vista a apelación que contra a anterior sentencia interpuxo o Ministerio Fiscal, admítese a dita apelación en ámbolos efectos e, en consecuencia, emprácense en legal forma o Ministerio Fiscal e as partes para que, dentro do termo de cinco días, comparezan perante a Audiencia Provincial da Coruña en forma para facer uso dos seus dereitos se lles conviñese, baixo apercibimento de que, se así non o fixesen, recaerán sobre eles os prexuízos a que houber lugar en dereito e, de verificalo, elévense os autos á dita superioridade con atento oficio. Para o emprazamento das partes, expídanse, para o efecto, os despachos oportunos.

Propoño e asínao o secretario e dá fe.

Conforme: o maxistrado xuíz».

E, para que lle sirva de notificación e emprazamento a José Ignacio Hernández Yáñez, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o un de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-5673