Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.281

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (1308/1995).

Por telo así acordado en dilixencias previas número 1308/1995, sobre roubo, pola presente requisitoria cítase, chámase e emprázase o imputado Alberto Pintos Martínez (DNI: 33.296.343) nacido en Santiago de Compostela, de 21 anos de idade, fillo de José Ramón e Mª del Carmen, con domicilio último en Santiago de Compostela, rúa Alexandre Bóveda B, 15, 1º A, con paradoiro actual ignorado, para que, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG, compareza perante este xulgado para constituírse en prisión como abranguido no artigo 835-2º da LECRIM e, se non o verifica, será declarado en rebeldía.

O propio tempo, prégaselles e encárgaselles a tódalas autoridades e ordénaselles ós funcionarios da Policía Xudicial que, tan pronto teñan coñecemento do paradoiro do referido imputado, procedan á súa captura, e o trasladen e ingresen na prisión correspondente a disposición deste xulgado.

En Santiago de Compostela o dous de agosto de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario xudicial

Rubricado

5944