Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.254

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 8 setembro de 1995 sobre o procedemento de xestión das axudas comunitarias relativas á mellora das condicións de transformación e comercialización de productos agrarios e silvícolas.

O Regulamento (CEE) 866/1990, do consello, do 29 de marzo relativo á mellora das condicións de transformación e comercialización dos productos agrícolas e os Regulamentos (CEE) 867/1990, do consello, do 29 de marzo relativo á mellora das condicións de transformación e comercialización dos productos silvícolas, modificados polo Regulamento (CEE) 3669/1993, do consello, do 22 de decembro e polo Regulamento (CEE) 2843/1994, do consello, do 21 de novembro, enmarcan as accións comunitarias en materia de mellora das condicións de transformación e comercialización de productos agrarios e silvícolas.

Dentro do marco comunitario de apoio para as intervencións estructurais nas zonas obxectivo número 1 durante o periodo 1994-1999 aprobouse o subprograma operativo «Mellora das condicións de transformación e comercialización de productos agrarios e forestais» incluído no programa operativo «Industrias agroalimentarias e medidas estructurais agrarias» mediante a Decisión C (94) 3464 do 14 de decembro de 1994. Este subprograma contén información relativa ós sectores afectados, ós investimentos subvencionables, ós cadros financeiros aplicables e ó reparto indicativo dos créditos entre as comunidades afectadas.

A Administración xeral do Estado desenvolveu o sistema de xestión das líñas de axuda comunitarias citadas mediante o Real decreto 633/1995, do 21 de abril, co fin de coordina-las actuacións das diversas administracións públicas e garantir o uso eficiente dos recursos orzamentarios.

Por todo iso, e de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de Autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983 do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O obxecto da presente orde é regulamentar de forma xeral o procedemento de xestión das axudas establecidas no Regulamento (CEE) 866/1990 e 867/1990 modificado polo Regulamento (CEE) 3669/93 así como no Real decreto 633/1995 para o período 1994-1999 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, particularizando as condicións específicas establecidas para o presente exercicio orzamentario.

Artigo 2º.-Actividades e investimentos subvencionables.

1. Considéranse como subvencionables os investimentos referentes ás medidas incluídas no subpro

grama operativo relativo á mellora das condicións de transformación e comercialización dos productos agrícolas e forestais aprobado na Decisión C (94) 3464 do 14 de decembro de 1994, e que se relacionan no anexo C.

2. Os investimentos obxecto de subvención deberán corresponder ós seguintes conceptos:

a) Construcción e adquisición de bens inmobles, excepto a compra de terreos.

b) Maquinaria e equipamentos novos, incluidos os programas informáticos e os soportes lóxicos.

c) Os gastos xerais, especialmente os gastos de arquitectos, enxeñeiros, asesores, ou estudios de viabilidade, sen que en todo caso superen o 12 por 100 dos custos indicados nas letras a) e b).

3. Non se admitirán os seguintes investimentos:

a) Os relativos á fase de comercio polo miúdo.

b) Os referentes á comercialización ou transformación de productos de terceiros países.

c) Os correspondentes ós seguintes conceptos:

-O imposto de valor engadido e outros impostos recuperables polo beneficiario.

-Material amortizable normalmente en un ano (embalaxes, material de un só uso, botellas, etc...).

-Moblaxe de oficina.

-Gastos de xardinería e mellora da paisaxe.

-Investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) salvo que estea exercida a opción de compra e, excluindo en todo caso os xuros e gastos financeiros.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas sobre as que recaia a carga financeira dos investimentos e os gastos que se consideren subvencionables.

Artigo 4º.-Contía das axudas.

1. As axudas teñen a natureza de subvencións de capital e están constituídos por dúas partes: a contribución do FEOGA-Orientación e a aportación das administracións públicas españolas.

2. A contribución do FEOGA-Orientación poderá acadar ata o 40 por 100 do investimento subvencionable.

3. A aportación das administracións públicas españolas non poderá ser inferior ó 7 por 100 do investimento subvencionable.

4. En relación co apartado anterior e segundo o disposto no Real decreto 633/1995, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias da Dirección Xeral de Industrias Agrarias e Alimentarias, aportará as

seguintes porcentaxes de axuda referidas ó investimento subvencionable:

a) 12 por 100 para as agrupacións de productores agrarios e sociedades mercantís participadas maioritariamente por estas.

b) 9,5 por 100 para as cooperativas agrarias, sociedades anónimas laborais de productores agrarios, sociedades agrarias de transformación e sociedades mercantís participadas maioritariamente por calquera destas.

c) 7 por 100 para o resto dos beneficiarios.

5. A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá conceder porcentaxes de subvención adicionais ós investimentos aprobados nos casos en que estableza como prioritarios.

6. A contía total de axudas concedidas con cargo ós orzamentos comunitarios e as administracións públicas españolas non poderá exceder do 75 por 100 dos investimentos subvencionables.

7. A aportación do beneficiario non poderá ser inferior ó 25 por 100 do investimento subvencionable.

Artigo 5º.-Solicitudes.

1. As solicitudes de axuda, dirixidas ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, presentaranse no modelo que figura no anexo A, xunto coa documentación adicional que se detalla por duplicado e dentro do prazo máximo establecido. O lugar de presentación será prioritariamente os Servicios de Montes e Industrias Forestais ou de Industrialización e Comercialización Agraria das delegacións provinciais correspondentes da consellería, sen prexuizo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Para a selección dos proxectos a aprobar así como para establece-las porcentaxes de subvención a conceder, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes terá en conta os seguintes criterios:

-Viabilidade técnica, económica e financeira.

-Beneficio dos productores de base galegos.

-Aproveitamento e grao de transformación das materias primas agrarias galegas.

-Calidade dos productos obtidos e/ou comercializados.

-Xeración de postos de traballo.

3. A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolverá as peticións presentadas tendo en conta o sinalado no apartado anterior así como as dispoñibilidades orzamentarias de cada momento.

4. Dado que estas axudas se enmarcan dentro dun programa operativo de carácter plurianual que estará vixente ata 1999, as solicitudes non resoltas no ano da súa presentación por falta de dispoñibilidades presupostarias, poderanse volver considerar nos seguintes exercicios orzamentarios logo de ratificación da soli

citude polo interesado e en igualdade de condicións co resto das solicitudes presentadas neses anos.

5. A resolución de concesión indicará os investimentos considerados como subvencionables así como as condicións xerais e particulares que consideran oportunas para garanti-lo cumprimento dos obxectivos do proxecto.

6.- Unha vez recibida a comunicación da concesión da axuda, o beneficiario deberá da-la súa conformidade expresa a resolución dictada no prazo máximo de 15 días desde a súa recepción.

Artigo 6º.-Pagamento das axudas.

1. O beneficiario poderá xustifica-lo investimento dunha soa vez ou de forma fraccionada de acordo coas condicións establecidas na resolución, sen que en todo caso o número de pagamentos fraccionados sexa superior a tres.

2. As solicitudes de pagamento presentaranse de acordo os modelos que figuran no anexo B, e acompañadas coa documentación adicional sinalada nel.

3. As propostas de pagamento das axudas por parte do órgano xestor acomodaranse ás dispoñibilidades económicas existintes en cada momento, derivadas das transferencias de fondos do FEOGA e MAPA que se reciban.

Artigo 7º.-Modificacións dos proxectos.

1. Calquera modificación dos investimentos aprobados que supoñan un cambio de localización, actividade, obxectivos, prazo de execución ou variación notoria do orzamento, así como de calquera condición específica indicada na resolución, esixirá a autorización da consellería logo da presentación da correspondente solicitude xustificada.

2. Se houbese unha redución dos investimentos mantendo os obxectivos iniciais, a subvención concedida veríase diminuída na contía proporcional conseguinte.

Artigo 8º

Os investimentos subvencionados deberán garantir unha participación duradeira dos productores dos productos de base das vantaxes económicas que deles se deriven segundo o disposto no artigo 12 do Regulamento (CEE) 866/90.

Artigo 9º.-Revocación das Axudas.

1. As axudas poderanse revocar nos seguintes casos:

a) Por renuncia expresa do beneficiario á totalidade da axuda.

b) Por incumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión.

c) Por non presentar nos prazos sinalados a documentación requirida.

d) Por calquera outra causa que modifique o proxecto inicialmente aprobado e non estea comunicada e aprobada pola consellería.

2. No caso de revogación da axuda, se o beneficiario tivese cobrada parte dela, deberá devolve-las cantidades percibidas, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

Artigo 10º.-Condicións específicas para o exercicio orzamentario de 1995.

1. Os investimentos incluidos na petición de axuda non poderán estar iniciados con anterioridade á presentación da solicitude, agás o previsto na disposición transitoria segunda.

2. A data máxima de presentación de solicitudes será o 15 de novembro de 1995.

3. O pagamento das subvencións efectuarase con cargo ós conceptos orzamentarios 09.03.711A.770.03 (2.851.428.571 ptas.) e 09.03.711A.770.05 (499.000.000 ptas.).

Disposicións transitorias

Primeira.-As solicitudes presentadas ó abeiro da orden ministerial do 4-7-1991, derrogada polo Real decreto 633/1995, poderán segui-lo seu trámite.

Segunda.-Os investimentos iniciados con posterioridade o 1-1-1994 e con anterioridade á data de publicación desta normativa, poderán acollerse a ela sempre que presenten a solicitude de axuda no prazo de 60 días desde a publicación da orde, e cumpran os restantes requisitos da normativa.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias e o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dictaren disposicións que consideren oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO A2

1. Solicitante:

1.1 Nome ou razón social:

...........................................................

............................................................

1.2 Rúa e número ou apartado de correos:

..........................................................

............................................................

1.3 Localidade, código postal, provincia e comunidade autónoma:

...........................................................

............................................................

1.4 Teléfono: ...............

1.5 Fax/Télex: ..............

1.6 NIF: ....................

2. Beneficiario:

2.1 ¿É o beneficiario ó mesmo tempo solicitante? (S/N) ....

2.2 Nome ou razón social:

..............................................................

2.3 Rúa e número ou apartado de correos:

..............................................................

2.4 Localidade, código postal, provincia e comunidade autónoma:

..............................................................

2.5 Teléfono: ................

2.6 Fax/Télex:................

2.7 NIF: ......................

2.8 O beneficiario pertence ó sector público (1), cooperativo (2), privado (3) .......

2.9 O beneficiario é unha PEME (S/N) ...

2.10 Forma xurídica do beneficiario:

..............................................................

2.11 Número de afiliados, asociados ou titulares dunha parte do capital do beneficiario:

..............................................................

2.12 Nome dos principais titulares do capital e porcentaxe de participación.

1................................. % ............

2................................. % ............

3................................. % ............

4................................. % ............

5................................. % ............

2.13 Banco do beneficiario:

............................................................

2.13.1 Nome ou razón social:

............................................................

2.13.2 Rúa e número ou apartado de correos:

............................................................

2.13.3 Localidade, código postal e provincia:

...........................................................

2.13.4 Teléfono:.................

2.13.5 Télex/Fax:................

2.13.6 Código do banco e número de conta do beneficiario:

....................... .........................

2.14. Números de anteriores solicitudes de axuda presentadas ó FEOGA:

..............................................................

3. Investimento

3.1 Descrición xeral do investimento proposto polo beneficiario:

...........................................................

...........................................................

3.2 Sector económico do investimento:

............................................................

3.3 CNAE (a cubrir pola Administración):........

3.4 Localización xeográfica:

...........................................................

3.5 Custo total:.......................... ptas

3.6 Se é o caso, custo para o que se solicita a axuda ................................ptas.

3.7 Axuda solicitada:

Porcentaxe:............ %

Distribución anual do investimento:

Ano........., .....%

Ano........., .....%

Ano........., .....%

Ano........., .....%

3.8 Outras axudas solicitas/concedidas para este proxecto:

3.9 Importe total dos préstamos que se subscriban:

..............ptas.

3.10 Reparto dos ditos préstamos:

Nº Importe Tipo Prazo Entidade

1 ......... .... ..... ........

2 ......... .... ..... ........

3 ......... .... ..... ........

4 ......... .... ..... ........

5 ......... .... ..... ........

4. Datos xerais:

4.1 Data da elaboración do orzamento:

Mes..............Ano...........

4.2 Datas previstas para o comezo e final dos traballos:

Comezo: mes..........ano....Final: mes..........ano....

O solicitante declara, baixo a súa responsabilidade, que tódolos datos que anteceden son certos e comprométese a aporta-los xustificantes necesarios para a súa comprobación.

Data.....................

Sinatura.................

Notas aclaratorias para cubri-lo anexo A2

1. Solicitante:

Cubrir este apartado aínda que o solicitante sexa tamén o beneficiario.

2. Beneficiario:

Un beneficiario por solicitude.

2.1 Se o beneficiario é o mesmo que o solicitante, rísquese o que non proceda.

2.8 Indicar no recadro o número que proceda.

2.9 Rísquese o que non proceda. Para estes efectos considérase PEME a que cumpra dous dos seguintes requisitos:

1. Balance inferior a 6,2 millóns de ecus.

2. Cifra de negocios anual inferior a 12,6 millóns de ecus.

3. Menos de 250 traballadores.

2.12 Non menciona-los titulares de menos do 10% do capital.

2.13.6 Indica-la clave do banco e da sucursal con catro díxitos respectivamente e con dez díxitos o número de conta do beneficiario.

3. Investimento:

Un único proxecto de investimento por beneficiario e actividade sectorial.

3.1 Facer unha descrición sucinta (Ex: adecuación ás normas sanitarias dun matadoiro de porcos, creación dunha unidade de recepción dunha...).

3.2 Os sectores de actividade do proxecto poden caracterizarse pola materia prima (leite e carne), pola técnica de transformación ou de comercialización, polo destino dos productos fabricados (alimentos para o gando).

3.4 Localización xeográfica do investimento: indicar localidade seguido do nome da provincia.

3.5 Custo total do investimento: o seu importe deberá coincidir co especificado no anexo A1.

3.7 Indica-la porcentaxe sobre o custo para o que se solicita a axuda e a súa distribución anual segundo a previsión de realización dos investimentos.

3.9 Indica-lo reparto dos distintos préstamos subscritos, cos seus respectivos tipos de xuro en % e os prazos en anos.

ANEXO A3

INFORMACIÓN ECONÓMICA, FINANCEIRA E SOCIAL

1. Solicitante:

1.1 Actividade principal:

...........................................................

...........................................................

1.2 Relacións co beneficiario:

...........................................................

2. Beneficiario:

2.1 Actividade principal e área á que se estende

...........................................................

...........................................................

2.2 Achegar:

-Escritura de constitución

-Certificación en extracto do rexistro

-NIF/CIF

3. Breve descrición do proxecto:

3.1 Título:

..........................................................

3.2 Obxectivos:

...........................................................

...........................................................

3.3 Investimentos previstos e a súa relación cos obxectivos:

...........................................................

...........................................................

...........................................................

4. Información económica e financeira:

4.1 Contas anuais dos tres últimos exercicios depositadas no rexistro mercantil.

...........................................................

...........................................................

...........................................................

4.2 Contas anuais consolidadas correspondentes ós tres últimos exercicios se a empresa se consolida nalgún grupo.

...........................................................

...........................................................

...........................................................

4.3 Plan de financiamento do proxecto.

PTAS

A. Aportación do beneficiario .....................

A.1 Ampliación capital ................

A.2 Beneficios non repartidos ................

A.3 Outros recursos propios ................

A.4 Préstamos ................

B. Subvencións en capital

B.1 Aportación nacional .....................

B.2 Aportación solicitada ó FEOGA .....................

C. Outras subvencións .....................

D. Total investimentos (A+B+C) .....................

4.4 Para os tres exercicios posteriores: balance, conta de resultados e estados de orixe e aplicación dos fondos previsionais, correspondentes ós tres exercicios consecutivos desde o comezo dos investimentos, de acordo co Plan Xeral de Contabilidade e demais normas do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas.

O beneficiario comprométese a cubrir cos seus propios medios a posible diferencia entre a contribución solicitada e a concedida polo FEOGA e polo Estado español.

Data........................

Sinatura.................

5. Información social

5.1 Creación de emprego.

5.2 Relación cos productores.

...........................................................

...........................................................

...........................................................

5.2.1. Forma na que os productores do producto de base participarán nas vantaxes económicas da realización do proxecto. Presentar copias de contratos homologados, contratos a medio-longo prazo, compromisos de adquisición, declaracións de interese, etc.

ANEXO A4

INFORMACIÓN COMERCIAL

1. Programa de producción.

1.1 Cubri-lo formulario A.4.1. (nos sectores viños e aceites engadir datos para os anos -3, -1, e -5 anteriores á presentación da solicitude).

1.2 Indica-la orixe dos productos. Se é o caso cubri-lo anexo A.4.1. segundo proveñan:

-da zona de recolección propia do beneficiario

-doutras rexións comunitarias

-de terceiros países

1.3 Zona de abastecemento de materias primas, xuntando mapa.

1.4 Descrición das estructuras de producción a nivel nacional, rexional ou de área afectada, suficientemente detallada, para permitir un xuízo sobre o proxecto.

1.5 Prezos pagados ós productores (cubrir formulario A.4.3.)

2. Programa de comercialización.

2.1 Cubri-lo formulario A.4.2.

2.2 Descrición do plan comercial da empresa:

Descrición dos productos obtidos.

Características máis salientables.

Forma de presentación.

Canles de comercialización.

1.4 Descrición técnica detallada dos investimentos previstos, achegando os planos precisos, diferenciando as contruccións ou instalacións existentes e previstas.

1.5 Orzamento estimativo dos traballos previstos (indicar bases de cálculo e data de estimación).

-Orzamento detallado para construccións.

-Para material e equipamento, os investimentos deberán estar respaldados por ofertas ou facturas proforma.

1.6 Xustificar documentalmente a dispoñibilidade do terreo e a súa cualificación urbanística por parte do beneficiario.

1.7 Datos especiais para determinados proxectos.

1.7.1 Cando o sector de que se trate presente disposicións comunitarias especiais, (por exemplo, disposicións comunitarias en materia de sanidade) explicar en que medida se axusta o proxecto ás ditas disposicións.

1.7.2 En disposicións relativas á influencia de determinados proxectos sobre o medio ambiente, son de aplicación a Directiva 85/337/CEE e as instruccións complementarias da comisión ó respecto.

Nota: Se as partidas do anexo A5.1 non coinciden coas do orzamento técnico, será necesario incluír un resumo. Engadir correspondencia entre oferta, orzamento técnico e anexo A5.1.

ANEXO A5.1

RESUMO DOS INVESTIMENTOS

Data de elaboración do orzamento:............................

1.1 Compra de terreos: ...................

1.2 Traballos de sistema viario, movemento de terras e espacios verdes: ....................

1.2.1 Traballos sistema viario.

1.2.2 Movemento de terras.

1.2.3 Espacios verdes.

1.3 Construccións: ....................

1.3.1 Construccións de recepción e de expedición.

1.3.2 Construccións de transformación e de envasado.

1.3.3 Construccións de refrixeración.

1.3.4 Construccións de almacenamento.

1.3.5 Construccións de servicios.

1.3.6 Oficinas locais para o persoal.

1.3.7 Aloxamentos.

1.3.8 Outras construccións.

1.4 Instalacións e equipos: ...................

1.4.1 Instalacións e equipo de transformación e de envasado.

1.4.2 Instalacións e equipo de conxelación e de refrixeración.

1.4.3 Instalacións e equipo de transporte interno.

1.4.4 Instalacións e equipo de transporte externo.

1.4.5 Instalacións e equipo de servicios.

1.4.6 Instalacións e equipo de protección do medio.

1.4.7.

1.4.7.1 Equipo de oficina.

1.4.7.2 Equipo de locais reservados ó persoal.

1.4.8 Equipo de recolección.

1.4.9 Outros equipos e útiles.

1.5 Outros investimentos: ...................

1.6 Total parcial: ....................

1.7 Honorarios e gastos xerais: ...................

1.8 Imprevistos: ....................

TOTAL: ....................

* Recórdase que o orzamento debe elaborarse en función dos prazos previstos para a realización dos traballos.

ANEXO B

TRAMITACIÓN DO PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN

Unha vez executados os investimentos segundo o proxecto aprobado, o beneficiario poderá solicita-lo pagamento parcial ou total da subvención concedida, para o que deberá presentar no Servicio de Montes e Industrias Forestais ou de Industrialización e Calidade Agroalimentaria da delegación provincial correspondente a seguinte documentación:

1. Anexo B.1 cuberto axeitadamente, xunto cos xustificantes dos investimentos efectuados, que consistirán de forma xeral nas facturas orixinais sobre as que se realizará a toma de razón, e das que se entregará unha fotocopia. As facturas deberán estar acompañadas dos xustificantes do seu pagamento efectivo delas, dos que se entregará ademais unha fotocopia.

2. Anexo B.2 cuberto, onde se especifica o financiamento dos gastos efectuados, incluíndo a xustificación oportuna de orixe dos fondos utilizados.

3. Anexo B.3, se procede, onde se indican as diferencias existentes entre os traballos previstos e os realizados.

4. Anexo B.4 para pagamentos finais e, se é o caso, onde se comparan cuantitativamente os traballos previstos e os efectuados.

5. Declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos.

6. Acreditación formal de estar ó corrente nas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, así como de non ter débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

7. Acreditación de ter inscritos os investimentos efectuados no Rexistro de Industrias Agrarias, ou ben ter solicitada a inscrición previa se é un pagamento parcial, conforme o disposto no R.D. 2685/1980 e disposicións complementarias.

8. Fotocopia do NIF e certificado bancario de existencia da conta bancaria onde se solicita que se ingrese a subvención, xunto coa ficha de domiciliación de pagamentos correspondente.

9. Para pagamentos finais, e, se é o caso, certificación das autoridades competentes de cumpri-las disposicións sanitarias e medio ambientais correspondentes.

10. Calquera outra que se indique expresamente na resolución de concesión.

ANEXO B.2

FINANCIAMENTO DOS GASTOS EFECTUADOS

PROXECTO Nº........................

1. Participación financeira do beneficiario

1.1. Fondos propios...........

1.2. Préstamos...........

1.3. Prestacións en especie...........

1.4. Material propio...........

1.5. Outros...........

total 1:...........

2. Participación financeira do Estado:

2.1. Subvención capital pagado............

2.2. Outras axudas............

total 2:............

3. Outras participacións:

...........................

...........................

total 3:............

4. Importe recibido xa do FEOGA:............

5. TOTAL XERAL, (sen impostos)(1)

............

6. IVE recuperable............

7. TOTAL XERAL (impostos comprendidos)

.......

....

Feito en........................, o.....................

...................... ........................

Selo e sinatura da autoridade competente:

.................

Sinatura do beneficiario (ou do seu representante):

.................

(1) incluído o IVE non recuperable.

ANEXO C

MEDIDAS SECTORIAIS SUBVENCIONABLES

SECTOR FORESTAL

Medida 1.-Mellora dos labores de explotación forestal e eliminación de residuos de corta da madeira.

-Corta, chapodado e tronzado, mediante adquisición de motoserras e procesadoras, onde o terreo e o tamaño das explotacións o permitan.

-Transporte mediante a adquisición de arrastradores (SKIDDERS) e autocargadores para a saca a cargadeiro, e de camións especiais, con guindastre, para o transporte ata a industria de transformación.

-Escascado, mediante a adquisición de máquinas escascadoras.

-Eliminación dos residuos de corta na explotación forestal mediante a adquisición de esteladoras ou trituradoras de madeira.

Medida 2.-Mellora das condicións de almacenamento da madeira.

-Almacenamento, mediante a preparación de patios para amontoa-la madeira e a adquisición de carretillas mecánicas, guindastres, etc. incluso a instalación de guindastres de pórtico.

Medida 3.-Secado de madeira.

-Secadoiros de madeira, conexos a industrias de serraxe, en pequenas e medianas empresas que respondan á definición de PEME, segundo o DOCE nº 213, do 19-8-1992, páxina 2.

Medida 4.-Mellora de instalacións de preparación, moenda e trituración da cortiza.

-Instalación, ampliación e modernización das instalacións de preparación da cortiza en prancha.

-Instalación, ampliación e modernización de instalacións de moenda e trituración da cortiza.

Medida 5.-Industrias taponeiras e outras manufacturas da cortiza.

-Instalación, ampliación e modernización de industrias taponeiras que consuman cortiza preparada en prancha e cortiza aglomerada.

-Instalación e mellora doutras industrias de manufacturas que aproveiten a cortiza non apta para tapóns e residuos destes, co fín de revaloriza-la materia prima en beneficio, principalmente do productor.

Medida 6.-Outros productos silvícolas.

-Instalación, ampliación e modernización de industrias de tratamento e procesado de plantas aromáticas e medicinais.

Xustificarase adecuadamente a relación cos productores e o beneficio que comporte segundo se establece no artigo 12.2º do Regulamento CEE nº 866/90, do consello, do 29 de marzo de 1990, relativo á mellora das condicións de transformación e comercialización dos productos agrícolas.

SECTOR CÁRNICO

Medida 1.-Mellora das condicións de sacrificio de reses de abasto.

-Instalación de matadoiros, con reducción superior ó 20% sobre a capacidade abandonada se non se demostra unha insuficencia de capacidade na Comunidade Autónoma.

-Instalación de matadoiros especializados de leitóns, años de leite e cabrito.

-Modernización de matadoiros, con reducción superior ó 20% sobre a capacidade abandonada se non se demostra unha insuficencia de capacidade na Comunidade Autónoma.

-Almacéns frigoríficos de matadoiros necesarios para a conservación de canais.

-Investimentos en seccións de descarga e cortes. Novas técnicas de atordamento, desangrado e esfoladura. Instalacións que realicen traballo en continuo: cubos mecánicos de escaldado e depilado combinados. Automatización integral. Reordenación de plantas. Separación das cámaras de almacenamento e refrixeración, potenciación dos túneles de conxelación, con reducción, se é o caso, do 20% da capacidade instalada.

Medida 2.-Salas de despezamento de reses de abasto.

-Instalación, ampliación, traslado e modernización de salas de despezamento anexas a matadoiros.

-Novas salas de despezamento autónomas, resultantes de traslados fóra do núcleo urbano e con incorporación de novas tecnoloxías, sen incremento de capacidade.

-Modernización de salas de despezamento autónomas, sen incremento da capacidade instalada.

-Almacéns frigoríficos de salas de despezamento necesarios para a conservación das carnes.

-Investimentos en implantación de sistemas de envasado ó baleiro. Automatización integral das liñas. Reordenación de plantas, separación das cámaras de almacenamento e refrixeración, potenciación dos túneles de conxelación.

Medida 3.-Industrias de transformación.

-Instalación, ampliación, modernización e traslado de industrias elaboradoras de productos cárnicos e outros determinados productos de orixe animal, a excepción dos secadoiros de xamón onde só se abordará a modernización de instalacións, sen incremento da capacidade de secado, a menos que se demostre unha insuficiencia de capacidade na rexión ou ben se elaboren productos con denominacións de calidade, incluídas as elaboracións a base de porco ibérico.

-Instalación, ampliación, modernización e traslado de industrias elaboradoras de productos cárnicos con aproveitamento integral da canal cos condicionamentos sinalados no punto anterior para os secadoiros de xamón.

-Instalación, ampliación, traslado e modernización de industrias de aproveitamento de subproductos.

-Almacéns frigoríficos necesarios para a conservación dos productos.

-Investimentos en instalacións con avanzada tecnoloxía, reorganización de plantas, automatización de procesos e melloras nas condicións de manipulación.

-Investimentos en ampliación das actuais coa instalación de plantas piloto de platos cociñados, salas de probas de nova maquinaria e de cata ou panel-test para o desenvolvemento de novos productos. Prioridade na construcción de salas brancas.

Medida 4.-Industrias transformadoras de productos da caza.

-Instalación, ampliación, traslado e modernización de salas de tratamento da caza.

Medida 5.-Adecuación ás disposicións sanitarias. Implantación de sistemas de calidade. Protección medioambiental.

-Investimentos en edificios, instalacións e equipos das empresas, impermeabilización de solos, revestimentos de paredes, adecuación dos sistemas de ventilación e evacuación de residuos das liñas de faenado e de proceso, establecemento de sistemas automatizados de limpeza e demais requisitos técnicos necesarios para a adecuación ás citadas disposicións sanitarias.

-Traslado de matadoiros non adecuados a normas sanitarias ou medioambientais fóra do núcleo urbano sen incremento de capacidade.

-Investimentos necesarios para adaptación a normas ISO 9000.

-Dota-los matadoiros de instalacións adecuadas de depuración de augas residuais, así como as salas de

despezamento e industrias cárnicas de dimensións que fagan precisa a súa dispoñibilidade. Investimentos necesarios para o tratamento e xestión de productos sólidos e demais requisitos técnicos necesarios para adecuarse ás disposicións sobre control do medio-ambiente.

SECTOR LÁCTEO

Medida 1.-Mellora da calidade do leite.

-Investimentos en cisternas frigoríficas isotermas con mostraxe automática para recollida do leite.

-Equipamento para a modernización tecnolóxica dos laboratorios interprofesionais para obtención de novas análises.

Medida 2.-Leite de consumo.

-Investimentos para a modernización de instalacións de tratamento térmico e novas instalacións resultantes da fusión ou racionalización de empresas, se se demostra insuficiencia de capacidade e, no caso de investimentos que supoñan un incremento da capacidade de transformación de leite de vaca, se se demostra que se abandona unha capacidade equivalente pola mesma ou outras empresas determinadas.

Medida 3.-Mellora das estructuras das fábricas de queixos.

-Instalacións, modernización e ampliación de industrias de elaboración de queixo de leite de ovella e cabra. Automatización de envasado en diversas gamas.

-Instalacións, modernización e ampliación de industrias de elaboración de queixos de mestura e tradicionais de vaca. Automatización de envasado en diversas gamas.

Os investimentos que supoñan un incremento da capacidade de transformación de leite de vaca deberán demostrar que se abandona unha capacidade equivalente pola mesma ou outras empresas determinadas, ou que existe un déficit de capacidade de transformación na Comunidade Autónoma.

Medida 4.-Productos lácteos frescos e postres lácteos.

-Investimentos para instalacións, modernización e ampliación de industrias de elaboración de productos lácteos frescos e postres lácteos (iogurt, queixo branco pasteurizado, nata, leites xelificados, xelados a base de leite...) e novos productos a base de leite.

Os investimentos que supoñan un incremento da capacidade de transformación de leite de vaca deberán demostrar que se abandona unha capacidade equivalente pola mesma ou outras empresas determinadas, ou que existe un déficit de capacidade de transformación na Comunidade Autónoma.

Medida 5.-Adecuación ás disposicións sanitarias, mellora da calidade e control do medio-ambiente.

-Investimentos en edificios, instalacións equipos das empresas, impermeabilización de solos, revestimento de paredes, adecuación dos sistemas de ventilación e evacuación de residuos.

-Investimentos necesarios para a ampliación dos controis actuais a controis microbiolóxicos nos puntos críticos, e adapta-los establecementos ás normas ISO 9000.

-Investimentos en obra civil, instalacións e equipamento para o tratamento de augas residuais.

-Investimentos en obra civil, instalacións e equipamento para eliminar efluentes das fábricas de queixo.

-Equipamento para a mellora e xestión de residuos procedentes de embalaxes.

-Tódolos investimentos e requisitos técnicos para dar cumprimento ás citadas directivas.

SECTOR OVOS E AVES DE CURRAL

Medida 1.-Modernización e adecuación ás normativas sanitarias das instalacións de calibrado e envasado de ovos.

-Investimentos en instalacións e equipos de selección, calibrado e envasado de ovos, que supoñan unha modernización da industria sen aumento da súa capacidade de producción.

-Investimentos en equipos de mantemento da temperatura adecuada nas salas de manipulación e clasificación, así como en cámaras frigoríficas de almacenamento e conservación de ovos.

-Investimentos que se precisen para adapta-las instalacións ás normas sanitarias vixentes.

Medida 2.-Creación, modernización e adecuación ás normativas sanitarias das instalacións de elaboración de ovoproductos.

-Investimentos en novos establecementos, en edificios, equipos de elaboración así como en zonas destinadas a refrixeración, conservación e almacenamento.

-Investimentos destinados á modernización dos establecementos existentes, en edificios, equipos de elaboración, refrixeración, conservación e almacenamento.

-Investimentos en establecementos existentes destinados á adecuación na orde hixiénica sanitaria.

Medida 3.-Instalación, modernización, ampliación e adecuación ás normas sanitarias de matadoiros, salas de despezamento e industrias de transformación de aves.

-Novos matadoiros de aves resultantes do traslado fóra do núcleo urbano, con reducción superior ó 20% sobre a capacidade abandonada, se non se demostra unha insuficiencia de capacidade na rexión.

-Modernización de matadoiros de aves (incorporación de novas tecnoloxías, automatización de liñas, reordenación de plantas), con reducción superior ó 20% sobre a capacidade abandonada, se non se demostra unha insuficencia de capacidade na rexión.

-Modernización de salas de despezamento de aves autónomas (incorporación de novas tecnoloxías, auto

matización de liñas, reordenación de plantas, etc.) sen incremento da capacidade.

-Salas de despezamento de aves anexas a matadoiro: instalación, ampliación, traslado e modernización.

-Instalación, ampliación, traslado e modernización de industrias elaboradoras de productos cárnicos de aves.

-Almacéns frigoríficos de matadoiros, salas de despezamento e industrias elaboradoras necesarias para a conservación das canais, carnes e productos cárnicos de aves.

Medida 4.-Instalación, modernización, ampliación e adecuación ás normas sanitarias de matadoiros, salas de despezamento de industrias de transformación de coellos.

-Investimentos necesarios para a instalación, ampliación, modernización (incorporación de novas tecnoloxías, automatización de liñas, reordenación de plantas, etc.), adecuación ás normas e traslado de matadoiros e salas de despezamento de coellos.

-Instalación, ampliación, modernización, traslado (incorporación de novas tecnoloxías, automatización de liñas, reordenación de plantas, etc.), en industrias elaboradoras de productos de coellos.

-Almacéns frigoríficos de matadoiros, salas de despezamento e industrias elaboradoras necesarias para a conservación das canais, carnes e productos cárnicos de coellos.

SECTOR ANIMAIS DIVERSOS

Medida 1.-Modernización e adaptación a disposicións sanitarias de mercados de gando existentes. Instalacións en zonas desabastecidas.

-Investimentos en edificios, instalacións e equipamentos necesarios para o cumprimento das citadas disposicións.

-Investimentos en sistemas para o tratamento informático da xestión das vendas.

-Establecementos de sistemas de limpeza e control de puntos críticos.

-Mellora dos servicios auxiliares.

Medida 2.-Mellora das condicións de preparación, envasado e comercialización do mel. Adecuación dos establecementos ás normas de hixiene e sanidade.

-Investimentos na creación de novos establecementos, en edificios e equipos de preparación e envasado.

-Investimentos en modernización e ampliación de establecementos existentes, en edificios e equipos de preparación e envasado.

-Adecuación de establecementos existentes a normas hixiénicas e sanitarias vixentes.

SECTOR CEREAIS

Medida 1.-Recepción, secado e acondicionamento de cerais (excepto arroz).

-Racionalización e modernización das instalacións de recepción, secado, selección e conservación da pro

ducción local nas zonas productoras, sen aumento da capacidade de almacenamento.

-Informatización das unidades.

O non incremento da capacidade de almacenamento na zona de producción local, controlarase esixindo, para cada solicitude de axuda, a cuantificación e localización das instalacións implicadas, antes e despois do investimento. Así mesmo, as autoridades competentes verificarán o cumprimento desta condición antes da realización do pagamento.

Medida 2.-Secado, escascado, escaldado e acondicionamento de arroz.

-Racionalización e modernización das instalacións de recepción, secado, selección e conservación da producción local nas zonas productoras, sen aumento da capacidade de almacenamento.

-Creación, ampliación e modernización dos muíños de arroz.

-Creación, ampliación e modernización das instalacións de escaldado.

O non incremento da capacidade de almacenamento na zona de producción local controlarase esixindo, para cada solicitude de axuda, a cuantificación e localización das instalacións implicadas, antes e despois do investimento. Así mesmo, as autoridades competentes verificarán o cumprimento desta condición antes da realización do pagamento.

Medida 3.-Manipulación e envasado de arroz.

-Creación, ampliación e modernización das instalacións de recepción, manipulación, envasado, embalaxe e almacenamento do producto acabado.

Medida 4.-Aproveitamento de subproductos de arroz.

-Modernización e construcción de instalacións de tratamento de subproductos.

SECTOR OLEAXINOSAS

Medida 1.-Mellora das condicións de elaboración, almacenamento e envasado dos aceites de oliva virxes.

Elaboración.

-Investimentos que incrementen a capacidade de moenda sen incremento da capacidade productiva, co fin de reduci-lo período de enceleirado.

-Perfeccionamento das instalacións existentes:

-Liñas de limpeza e lavado de olivas.

-Instalación de extractores parciais.

-Instalación de lavadoras de seróns, formadores de cargo e outros bens de equipo do sistema tradicional.

-Substitución de maquinaria de material ou tecnoloxía inadecuada.

-Sistemas de control de calidade.

-Outros perfeccionamentos que contribúan á mellora da calidade.

-Novas instalacións: só se concederán axudas se substitúen capacidades productivas equivalentes a cerrar muíños aceiteiros obsoletos, ou ben pola insuficiencia en zonas olivareiras concretas de industrias elaboradoras ou ben porque as que existan estean con condicións inadecuadas para a obtención de aceites de calidade.

-As instalacións de sistemas continuos de extracción de 2 fases, dada a súa dobre influencia como mellora da calidade e como eliminación de zudros de aceite e para evita-la súa dobre contabilización figurará reflectida neste apartado ben como ampliación, perfeccionamento ou nova instalación segundo o caso.

Almacenamento.

-Instalación de depósitos de calidade:

-Construídos de materiais impermeables e inertes debendo presenta-la maior inercia físico-química respecto ó aceite.

-Deben mante-los aceites a unha temperatura constante.

-Deben ser pechados e protexer da luz e o aire.

-A capacidade máxima debe ser preferentemente de 50 t para efectos de efectua-la clasificación das distintas calidades.

-Acondicionamento de depósitos existentes.

-Illamento térmico das adegas nas que se sitúen os depósitos.

Envasado.

-Instalación de envasadoras de aceites de oliva virxes integradas coa producción que reúnan as seguintes características:

-Capacidade mínima de envasado de 6 t/8 h e un mínimo envasado de 100 t/ano.

-Equipamento técnico adecuado que garanta a calidade, sanidade e presentación do aceite.

-Darase preferencia ás envasadoras instaladas por entidades asociativas agrarias que se agrupen con esta finalidade.

-Deben xustificar adecuadamente a súa capacidade para comercializa-las produccións.

Medida 2.-Eliminación e/ou aproveitamento de residuos contaminantes.

Muíños aceiteiros.

-Construcción de balsas de rega e/ou evaporación impermeabilizadas, incluíndo bombas e tubos para o transporte.

-Impermeabilización de balsas existentes.

-Instalación de secadoiros e depósitos para a fase sólida procedentes dos sistemas continuos de 2 fases tan só nos muíños aceiteiros que pola súa elevada producción se xustifique debidamente.

-Outros sistemas avalados polos organismos responsables das CCAA.

Extractoras do aceite da fase sólida.

-Proceso de secado incluíndo depósitos de almacenamento da materia prima, transportadores necesarios e secadoiros.

-Instalacións de esgotamento por medio de decanters, da fase sólida procedente dos sistemas continuos de 2 fases, para a obtención do aceite de oliva virxe que contén.

Medida 3.-Instalación de industrias de fabricación de biocombustibles e outros productos non alimentarios procedentes das sementes oleaxinosas.

-Instalación de fábricas elaboradoras de biodiester a partir da transesterificación dos aceites de sementes oleaxinosas, e de fábricas productoras de aceite de xoxoba.

SECTOR VIÑOS E ALCOHOIS

Medida 1.-Mellora da estructura empresarial.

-Investimentos necesarios para a asociación de empresas ou agrupacións de productores en casos de reestructuración de capacidades de transformación, a condición de que a nova capacidade de transformación sexa inferior nun 20%, como mínimo, á capacidade total preexistente abandonada na rexión de que se trate.

Medida 2.-Mellora da calidade dos productos elaborados e protección do medio ambiente.

-Investimentos encamiñados á obtención de viños con maior calidade mediante elaboracións en frío, novas tecnoloxías que aseguren a extracción dos mostos conservando tódolos seus caracteres organolépticos, almacenamento en recipientes que non transfiran elementos non desexados ó viño, envellecemento adecuado, embotellado con garantía de sanidade e presentación e todas aquelas accións que contribúan a mellorar, manter e controla-la calidade, estes investimentos deben facerse en adegas xa existentes e sen aumenta-las capacidades, e sempre que xustifiquen a súa comercialización.

-Investimentos promovidos por organismos integrados principalmente por productores e outros axentes económicos que persigan a mellora do control de calidade.

-Investimentos encamiñados á depuración de vertidos e reciclaxe de envases e embalaxes das industrias enolóxicas.

-Estes investimentos soamente serán subvencionables nas zonas vitivinícolas en que os productores e outros operadores económicos estean asociados co obxecto de colaborar na mellora do sector.

Medida 3.-Novos productos derivados da viticultura biolóxica.

-Investimentos necesarios para a adaptación de industrias para a trasformación de productos da viticultura biolóxica, os requisitos da normativa dos productos ecolóxicos.

SECTOR DE FROITAS E HORTALIZAS FRESCAS, FLORES E PLANTAS, LEGUMES SECOS E PATACAS

Medida 1.-Creación, ampliación e modernización de centros de manipulación.

-Apoio á creación de novos centros de manipulación en rexións onde a capacidade instalada sexa insuficiente ou derivadas da desaparición doutras de pequenas dimensións que se fusionen en unidades maiores. Neste proceso poden intervir empresas de maior capacidade que mediante fusións, consorcios, cooperativas de segundo grao, etc. vaian creando unidades maiores que permitan a concentración da oferta.

-Ampliación e modernización dos centros existentes potenciando, especialmente, a mecanización da clasificación, normalización e envasado dos productos, así como a construcción ou instalación de almacenamentos frigoríficos.

-Depuración de residuos.

-Excluiranse as ampliacións da capacidade de comercialización de productos dos que, nos tres últimos anos, se rexistraran retiradas importantes (debido a unha producción excedentaria) nas rexións de que se trate.

Medida 2.-Creación e mellora de mercados e rede informática de prezos.

-Creación e mellora de novos mercados en orixe e en destino para froitas e hortalizas, patacas, e flores e plantas vivas ornamentais. Depuración de residuos. Investimentos para o desenvolvemento dun sistema informático que permita o intercambio de información sobre prezos e mercados nas centrais de manipulación de productos hortofructícolas.

SECTOR DE FROITAS E HORTALIZAS TRANSFORMADAS

TURRÓNS E MAZAPÁNS

Medida 1.-Incrementa-la dimensión empresarial.

A medida levarase a cabo a través de axudas ós investimentos derivados de:

-Unión de empresas existentes.

-Crecemento de empresas.

-Novas instalacións.

Estas dúas últimas actuacións xustificaranse en todo caso coa desaparición da capacidade equivalente ou por insuficiencia de capacidade de transformación, ou para o caso de productos específicos da saída dos cales se demostre un crecemento significativo.

Medida 2.-Reducción de custos.

A medida instrumentarase a través de:

-Adquisición de maquinaria de recolección especializada e/ou que realice parte do proceso industrial.

-Modernización de liñas que supoñan reducción de custos de fabricación.

-Automatización de procesos.

-Informatización de informacións comerciais, xestión de producción, xestión de stocks e vendas.

-Aforro enerxético.

-Diversificación de produccións.

Medida 3.-Reducción de puntas de fabricación.

A medida levarase a cabo a través de:

-Almacéns para materia prima en ambiente natural.

-Cámaras frigoríficas para materia prima.

-Cámaras de atmosfera controlada.

Medida 4.-Mellora da calidade.

A medida levarase a cabo a través de:

-Acondicionamento da recepción da materia prima.

-Modernización de liñas enfocada á mellora da calidade.

-Envasado aséptico.

-Control de calidade a través do control integral do proceso de producción e puntos críticos.

-Control de calidade do producto por medio de laboratorios nas empresas.

Medida 5.-Novos productos e melloras tecnolóxicas.

A medida levarase a cabo a través de:

-Fabricación de novos productos (4ª gama, zumes directos ...).

-Diversificación de produccións.

-Obtención de aceites esenciais a partir de subproductos orixinados nas liñas de fabricación de zumes e conservas vexetais.

-Novos envases (sidra en lata ou barril, envases flexibles...).

-Investimentos derivados de proxectos I + D.

Medida 6.-Reduci-lo impacto medioambiental.

A medida levarase a cabo a través de:

-Traslado de industria fóra de núcleos urbanos.

-Instalacións depuradoras de vertidos e residuos.

-Aproveitamento de residuos.

Medida 7.-Modernización das instalacións en turróns e mazapáns.

-Investimentos para automatización dos procesos.

Xustificarase adecuadamente a relación cos productores e o beneficio que comporte segundo se establece no artigo 12.2º do Regulamento CEE nº 866/90, do consello, do 29 de marzo de 1990, relativo á mellora das condicións de transformación e comercialización dos productos agrícolas.

Medida 8.-Substitución de capacidade antiga por outras novas en turróns e mazapáns.

-Novas instalacións que substitúan antigas fábricas.

Xustificarase adecuadamente a relación cos productores e o beneficio que comporte segundo se establece

no artigo 12.2º do Regulamento CEE nº 866/1990, do consello, do 29 de marzo de 1990, relativo á mellora das condicións de transformación e comercialización dos productos agrícolas.

Medida 9.-Aumento da duración do período de producción en turróns e mazapáns.

-Aumento das capacidades de almacenamento en especial dos productos terminados.

-Tecnificación destes almacéns con inclusión de elementos de frío.

SECTOR SEMENTES E PLANTAS DE VIVEIRO

Medida 1.-Creación e modernización de instalacións e laboratorios de control de calidade.

-Creación, ampliación e modernización de instalacións de recepción, limpeza, clasificación, tratamento, envasado e almacenamento.

-Informatización das unidades.

-Creación, ampliación e mellora de laboratorios de control de calidade.

9505561