Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Butacid Verín, S.L. de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Butacid Verín, S.L. (código número 3200462) de Ourense para o ano 1995, con entrada nesta delegación provincial o día 20 de xullo do ano en curso, subscrito, en representación da parte económica, pola empresa e da parte social, polo representante dos traballadores, en xuntanza celebrada o día 14 de xullo de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión salarial do convenio colectivo no libro de rexistro desta delegación provincial, con notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 2 de agosto de 1995.

Manuel A. Cao Fernández

Delegado provincial Acctal.

ANEXO

TÁBOA SALARIAL PARA 1995

Salario basePlus transporte

Encargado xeral84.7347.200
Xefe de contabilidade83.4707.200
Encargado de almacén75.1467.200
Xefe de negociado75.1467.200
Oficial de primeira69.8587.200
Oficial de segunda68.1087.200
Cobrador66.8547.200
Conductor de remolque69.8587.200
Conductor camión pesado69.8587.200
Conductor de reparto69.8587.200
Mecánico visitador69.8587.200
Mecánico instalador69.8587.200
Conductor de carretilla69.8587.200
Mozo de reparto67.0737.200
Garda67.0737.200
Mozo de almacén67.0737.200
Aprendiz63.2957.200
Xefe administrativo75.1567.200
Oficial administrativo69.8587.200
Auxiliar administrativo68.1087.200
Telefonista de pedidos68.1087.200
Limpadora455-H

Representante dos traballadoresPola empresa

Manuel Ángel García GinzoOctavio Cid Guerra

9506209