Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1995 de adxudicación de dúas bolsas para a formación de expertos en indicadores estatísticos convocadas polo IGE.

José Antonio Campo Andión, director do Instituto Galego de Estatística, o abeiro do disposto na base quinta da Resolución do 17 de xullo de 1995, pola que se anuncia a convocatoria pública de dúas bolsas para a formación de expertos en indicadores estatísticos, vista a proposta de adxudicación que formula a comisión de valoración.

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las bolsas ás aspirantes que se relacionan na orde que segue:

-Mónica Marta López Pérez.

-María José Lombardía Cortina.

Designar como suplentes ás aspirantes que se relacionan, na orde que segue:

-Julia Grueiro Ríos.

-Olga Sánchez Rodríguez.

-Nuria Vázquez Aguiar.

Segundo.-De acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a presente resolución de adxudicación pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación efectiva dos interesados.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1995.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

9506149