Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.254

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 251/1995, do 14 de setembro, polo que se declara de utilidade pública e se dipón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de acondicionamento da estrada LU-232, tramo: Lugo-Friol (segunda fase), concello de Lugo, clave: N/LU/91.15.2.

Con data 20 de xullo de 1995, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da obra: acondicionamento da estrada LU-232, tramo: Lugo-Friol (2ª fase), T.M. Lugo. Clave: N/LU/91.15.2.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia, en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración por estar incluída nas actuacións programadas no itinerario, e pola súa incidencia na seguridade vial.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, de 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de setembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, a efectos de expropiación no proxecto das obras: acondicionamento da estrada LU-232. Tramo: Lugo-Friol (2ª fase). T.M. Lugo. Clave: N/LU/91.15.2.

Santiago de Compostela, catorce de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-06028