Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.162

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de derivados do cemento.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de derivados do cemento, da provincia de Pontevedra, que tivo entrada na delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 11-7-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Materiais para a Construcción, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 6-6-1995; de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colec

tivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comision negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG) en galego e castelán.

Vigo, 18 de xullo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de derivados do cemento da provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a tódalas empresas establecidas ou que no futuro se establezan, radicadas na provincia de Pontevedra, e ás que lle sexa de aplicación o disposto na ordenanza da construcción, vidro e cerámica, aprobada por Orde do 28 de marzo de 1970, e incluídas no artigo 29 f) da mesma.

Tamén lle será aplicable ás empresas doutras provincias que accidentalmente poidan efectuar traballos dentro desta provincia, cando as condicións do convenio para elas vixente, nas súas respectivas provincias, non acade as melloras establecidas no convenio de Pontevedra.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor ós dez días da súa sinatura, sen prexuízo da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de marzo de 1995.

Artigo 3º.-Duración.

O presente convenio terá unha duración de un ano, rematando os seus efectos o día 28 de febreiro de 1996, e prorrogarase automaticamente por anualidades se non media denuncia de calquera das partes cunha antelación de tres meses polo menos, ó remate da súa vixencia. A dita denuncia deberá facerse por escito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñera desfrutando de condicións máis beneficiosas cás que aqui se establecen, deberá mantelas.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, tanto en xornada partida como en xornada continuada.

Tanto naquelas empresas que teñan establecidas ou establezan a súa xornada de xeito continuo como naqueloutras nas que a xornada sexa partida, os traballadores terán dereito a un descanso de 15 minutos, coñecido como tempo de bocadillo, e que para tódolos efectos será considerado como traballo efectivo.

O dito período de descanso será fixado pola dirección da empresa de acordo coas necesidades de organización do traballo e sen que en ningún momento prexudique a producción.

Artigo 6º.-Salarios.

Os traballadores comprendidos pola aplicación do presente convenio percibirán os salarios que figuran na táboa do anexo I.

No caso de que o IPC rexistrase ó 28 de febreiro de 1996 un incremento, respecto ó 1 de marzo de 1995, superior ó 4%, efectuarase unha revisión salarial tan axiña se comprobe oficialmente a dita circunstancia no exceso sobre a devandita cifra.

Tal crecemento pagarase con efectos do 1 de marzo de 1995, para tódolos conceptos da táboa salarial, excepto para o complemento de antigüidade; servindo como base de cálculo a mesma táboa salarial do presente convenio.

A porcentaxe de revisión resultante gardará, en todo caso, a debida proporción en función do nivel salarial pactado inicialmente neste convenio, co fin de que aquel se manteña idéntico no conxunto dos doce meses.

Se, tendo en conta o establecido nos parágrafos anteriores, operase a revisión salarial, a comisión paritaria reunirase necesariamente dentro dos quince días seguintes á data na que se coñezan os datos oficiais, co obxecto de acorda-lo xeito máis efectivo e práctico de aplicar e distribuí-lo crecemento salarial que resulte.

Artigo 7º.-Follas de salarios.

Considérase conveniente lembra-lo establecido no artigo 99 da ordenanza laboral sobre a obriga das empresas de entregar, polo menos un día antes do pagamento, o libramento ó traballador para que este poida examinalo e no caso de disconformidade poidan ser aclaradas ou rectificadas as posibles diferencias antes do momento do pagamento.

As empresas estarán obrigadas a usa-los modelos de recibo de salraios oficiais, ou outros autorizados pola Dirección Provincial de Traballo, no que figurarán tódolos conceptos a percibir polo traballador, debidamente especificados, con fórmulas sinxelas e fáciles de comprender, e ó final das mesmas os devengos de tipo familiar ou compensatorios de salario, as indemnizacións por enfermidade ou accidente, así como calquera outro concepto devengado ó que teña dereito.

Un duplicado dos recibos dos anticipos percibidos polo traballador durante o mes que se liquide unirase ó libramento para ser entregados ó mesmo.

O pagamento dos salarios efectuarase sempre en horas da xornada de traballo, debendo efectuarse polos pagadores da empresa no mesmo lugar.

Artigo 8º.-Clasificación profesional.

As empresas incluídas no ámbito do convenio, dentro do primeiro trimestre de cada ano, exporán no taboleiro de anuncios do centro de traballo a relación completa do persoal con especificación de categorías e antigüidade na empresa.

As categorías do persoal serán as que se expresan no anexo II da ordenanza laboral.

No caso de que un traballador efectúe traballos non previstos no dito anexo II poderalle solicita-la asimilación correspondente á comisión paritaria do convenio, e no caso de que nesta non se chegara a un acordo, resolverá a xurisdicción social.

Artigo 9º.-Vacacións.

As vacacións anuais terán unha duración de trinta días naturais, que serán divididas para os efectos do seu desfrute en dous períodos de quince días cada un. Desfrutarase un deles entre os meses de xuño e setembro, ámbolos dous incluídos, segundo calendario previamente acordado, e o outro nas datas que a empresa determine en función das necesidades de producción, datas que en todo caso serán coñecidas polo traballador con dous meses de anticipación, e serán retribuídas a razón de salario base, antigüidade e plus de asistencia, correspondentes a vintecinco días de traballo.

Artigo 10º.-Cálculo de retribucións.

Para o cálculo das retribucións establecidas polo presente convenio ou pola ordenanza de traballo, tomaranse os salarios e emolumentos que figuran neste pacto colectivo ou que se atopen vixentes en cada momento.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Os crecementos da antigüidade na empresa consistirán en dous bienios do cinco por cento cada un e sucesivos quinquenios do dez por cento. Con independencia do anteriormente exposto, o importe dos bienios e quinquenios para cada categoría profesional, durante a vixenica deste convenio, será a que figura na táboa anexo número I, na seguinte maneira: para o ano de vixencia deste convenio incrementarase os valores actuais do dito concepto no 2%.

Artigo 12º.-Beneficios.

A participación en beneficios que establecen os artigos 121 e 124 da ordenanza laboral, subtitúese por unha paga de trinta días de salario base maila antigüidade, se é o caso, pagándose para efectos de tempo de permanencia na empresa igual que as pagas extraordinarias. Esta paga farase efectiva o día 15 de marzo de cada ano.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

As pagas extraordinarias de xullo e Nadal consistirán, cada unha delas, en trinta días de salario base do convenio, maila antigüidade, se é o caso.

Faranse efectivas antes do 20 de xullo e 21 de decembro, repectivamente.

As pagas de xullo, Nadal e beneficios percibiranse íntegras con independencia das baixas por enfermidade ou accidente.

Artigo 14º.-Rateo de pagas extraordinarias.

Queda prohibido o rateo das pagas extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, as cales terán que pagarse nas datas sinaladas para iso.

Nembargantes, o persoal que ingrese ou cause baixa no transcurso do ano percibiraas na parte proporcional ó tempo de permanencia na empresa.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

A) Horas extraordinarias habituais: supresión.

B) Horas extrarodinarias motivadas por forza maior, entendendo por tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

C) Horas extraordinarias estructurais: mantemento.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural, derivadas da natureza da actividade de que se trate, ou mantemento. Todo iso, sempre que non poidan ser subsituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas pola lei.

A dirección da empresa informará periodicamente ó comité de empresa, ós delegados de persoal e ós delegados sindicais, sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, de se-lo caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias, conforme establece o artigo 35.5º do Estatuto dos traballadores, rexistrarase día a día, e totalizarase semanalmente, entregándolle copia do resumo semanal ó traballador no parte correspondente.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructurais non terán o recargo das cotizacións á Seguridade Social a que se refiren os reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto, e 92/1983, do 19 de xaneiro. Para iso, notificarase así mensualemnte á autoridade laboral conxuntamente pola empresa e comité ou delegados de persoal, segundo o caso.

Artigo 16º.-Plus de asistencia e puntualidade por día de traballo.

Consistirá na cantidade establecida para cada categoría profesional, da táboa anexo número I, e tendo en conta a asistencia e puntualidade dos productores, de acordo coas puntuacións seguintes:

A) Esta percepción pagarase na cantidade fixada a cada categoría profesional, por día de traballo efectivo, non computándose para o pagamento das pagas extraordinarias e festas non recuperables.

B) Incórrese en falta de puntualidade cando se entre ó traballo ou se efectúe a reincorporación a el despois da hora sinalada, calquera que sexa o retrase habido.

C) Cada falta de puntualidade leva consigo a perda do plus de asistencia e puntualidade de cinco días.

D) Cada falta de asistencia ó traballo, sen causa, leva consigo a perda do plus de asistencia e puntualidade de dez días.

E) O pagamento do plus de asistencia e puntualidade realizarase co salario e soldo do mes correspondente.

Artigo 17º.-Plus de distancia.

Os que vivan a máis de dous quilómetros do lugar no que se atopa a empresa, percibirán por día de traballo a cantidade de 8,48 pesetas por quilómetro de distancia que teñan que percorrer para ir desde o seu domicilio ó centro de traballo e viceversa.

Artigo 18º.-Plus de transporte urbano.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán dereito á percepción dun plus de transporte urbano na contía que figura na táboa anexa I, por día traballado.

Este plus de transporte urbano percibirase con independencia do plus de distancia ó que fai referencia o artigo 119 da ordenanza laboral da construcción e o artigo anterior deste convenio, calquera que sexa o medio utilizado polo traballador para o seu desprazamento.

As cantidades percibidas por este concepto, de acordo co Decreto do 17 de agosto de 1973, e orde do Ministerio de Traballo do 19 de novembro de 1973, non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo que non se computarán para o cálculo de antigüidade, gratificacións extraordinarias, pagas de beneficios, etc.

Artigo 19º.-Axudas de custo por desprazamento.

O importe das axudas de custo por desprazamento que se establece no artigo 147 da ordenanza laboral consistirá para os traballadores comprendidos desde o nivel VIII do artigo 100 da devandita ordenanza, ata o nivel XIV, ámbolos dous incluídos, nas cantidades seguintes:

Axudas de custo con pernoctación: 4.850 ptas.

Axudas de custo sen pernoctación: 2.786 ptas.

Artigo 20º.-Licencias.

As licencias e permisos que as empresas lles poderán conceder ós traballadores serán os que se recollen

no cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores, unido como anexo III ó presente convenio.

Artigo 21º.-Días festivos.

Con vixencia exclusiva para a duración do presente convenio considéranse como descanso retribuído e festivos os días 24 e 31 de decembro de 1995, dando traslado dos mesmos ós días inmediatamente anteriores, ó coincidiren no presente ano co descanso dominical.

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

As empresas entregarán con carácter obrigatorio cada ano, ó persoal cun posto de traballo que o requira, dúas fundas ou dúas chaquetiñas e dous pantalóns, á elección do traballador, así como dous pares de calzado axeitado á súa actividade. Un dos equipos entregarase no mes de febreiro e o outro no mes de xullo.

Igualmente, as empresas proverán de guantes ós traballadores que proceda.

As prendas anteriores deberán ser de calidade suficiente para que cumpran o fin para o que foron entregadas.

Esta norma é aplicable non só ós traballadores que actualmente estean prestando servicios na empresa, senón tamén ós que no futuro causen alta nela.

Artigo 23º.-Indemnizacións por accidente.

A indemnización que establece o artigo 139 da ordenanza laboral de traballo da construcción fíxase na cantidade de tres mensualidades da táboa de retribucións do convenio vixente, maila antigüidade, se é o caso.

Sen prexuízo do anterior, as empresas concertarán seguros colectivos con primas íntegras ó seu cargo, en pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 1.500.000 ptas.

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou grande invalidez: 2.600.000 ptas.

De acordo co sinalado no artigo 2 do convenio de 1986, as garantías pactadas polo concepto de indemnización por accidente entrarán en vigor o 1 de xuño do 1995, manténdose invariables nas súas respectivas coberturas ata o 31 de maio de 1996.

Artigo 24º.-Recuperación de festas.

Acórdase o carácter non recuperable das festas sinaladas no calendario oficial.

Artigo 25º.-Outorgamento de postos de traballo.

Cando o conductor de vehículos de tracción mecánica ó servicio da empresa afectada por este convenio se vexa privado, temporal ou definitivamente, do oportuno permiso de conducción, por disposición da autoridade competente, a empresa terá a obriga de colocalo noutro posto de traballo compatible coas súas aptitudes e coñecementos, sempre que a dita privación se pro

ducise con ocasión de prestar servicios para a empresa nun vehículo propiedade desta.

Artigo 26º.-Aviso de baixa na empresa.

Os traballadores veñen obrigados, cando desexen cesar no servicio da empresa, a avisar a esta cunha anticipación de dez días. Os que así non o fagan, perderán un día por cada un que falte por preavisar.

Artigo 27º.-Revisión médica.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual a cargo da empresa, e en concerto cos servicios de seguridade e hixiene no traballo, coa salvidade de que as empresas cun índice elevado de toxicidade lles farán ós productores dúas revisións anuais.

Se como consecuencia das revisións médicas antes ditas, se comprobase a existencia dalgunha enfermidade descoñecida para o traballador, a empresa facilitaralle a este a concesión da licencia precisa para que poida acudir a realizar un control pormenorizado da dita enfermidade.

Artigo 28º.-Absentismo.

Exposición de motivos.

As partes asinantes deste convenio recoñecen o grave problema que para o sector supón o absentismo e entender que a súa reducción implica, tanto un crecemento da presencia do traballador no posto de traballo, como a correcta organización da medicina de empresa e da Seguridade Social, xunto cunhas axeitadas condicións de seguridade, hixiene e ambiente de traballo, en orde a unha efectiva protección da saúde física e mental dos traballadores.

Do mesmo xeito, as partes son conscientes do grave quebranto que a economía produce o absentismo cando se superan determinados niveis, así como a necesidade de reducilo dada a súa negativa incidencia na productividade.

Para acadar axeitadamente estes obxectivos, acordan:

1. Durante a vixencia deste convenio, as empresas que reúnan un número non inferior ó 51% dos traballadores do sector, comprométense a presentar mensualmente ante a comisión paritaria os datos relativos ó absentismo de cada unha delas, co obxecto do seu coñecemento e análise, utilizando para tal efecto o impreso incorporado a este convenio como anexo II.

2. Entenderanse, en todo caso, como causas exclusivas do concepto de absentismo, as previstas no artigo 52 d) do Estatuto dos traballadores.

3. A media ponderada dos índices de absentismo, recollidos mediante a fórmula prevista nos puntos anteriores, recoñecerase como referencia válida de índice de absentismo medio do sector de derivados do cemento na provincia de Pontevedra, que dará lugar ás negociacións de acordos tendentes á súa diminución, con efectos da entrada en vigor do próximo convenio colectivo.

Artigo 29º.-Incapacidade laboral transitoria.

As empresas completaranlles os seus traballadores a prestación económica da Seguridade Social por incapacidade laboral transitoria, ata o 100% do salario-convenio, nos casos derivados de accidente de traballo. Cando a situación de ILT derive de accidente non laboral ou enfermidade, as empresas completarán a prestación económica da Seguridade Social ata o 100% do salrio-convenio a partir do vixésimo primeiro día da baixa.

Así mesmo, durante a hospitalización, os traballadores terán dereito a que se complete a prestación por ILT ata o 100% do salario-convenio.

Por salario-convenio entenderase, para estes efectos, o salario base, antigüidade e plus de asistencia.

Artigo 30º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio estiman conveniente erradica-lo pluriemprego, como regra xeral.

Para estes efectos estímase preciso que se aplique co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social, por estar dados de alta noutra empresa.

Para tirar polo obxectivo de controla-lo pluriemprego considérase esencial o cumprimento exacto do requisito de lles dar ós representantes legais dos traballadores os boletíns de cotización á Seguridade Social, así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa, así como os documentos relativos ó remate da relación laboral, conforme dispón o artigo 64.1º 5º do Estatuto dos traballadores. O incumprimento desta obriga considerarase falta grave para os efectos da súa sanción pola autoridade laboral.

Artigo 31º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa.

A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa de un ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá exercerse outra vez polo mesmo traballador se trancorreron catro anos desde o remate da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, a contar desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, podrá fin ó que viñera desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador excedente só conserva un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou semellante categoría á súa que houbera ou se producira na empresa.

Nembargantes o anterior, no caso de excedencia por coidade de fillo, o traballador excedente terá dereito á reincorporación ó posto de traballo reservado.

A situación de excedencia poderá estenderse a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e os efectos que alí se prevexan.

Artigo 32º.-Xubilación ós 64 anos.

As empresas e traballadores poderán pactar xubilacións anticipadas ós 64 anos de conformidade co disposto no Real decreto lei 1481/1981, do 20 de agosto, e o Real decreto 2705/1981, do 19 de outubro, debendo as empresas cubri-las ditas vacantes con traballadores desempregados rexistrados nas oficinas de emprego, en número igual ó de xubilacións anticipadas que se pacten, por calquera das modalidades de contratos vixentes na actualidade, agás as contratacións a tempo parcial, cun período mínimo de duración, en todo caso, superior ó ano e tendendo ó máximo legal respectivo.

Artigo 33º.-Acción sindical.

Os delegados de persoal e membros de comité de empresa disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo co establecido no artigo 68 do Estatuto dos traballadores. Tales horas poderán acumularse en un ou máis delegados ou membros do comité de empresa, logo de consulta e acordo entre a representación sindical e a dirección da empresa, dentro dos 15 días anteriores ó inicio da dita acumulación. Os efectos e vixencia da acumulación de horas sindicais terán, en todo caso, unha duración mínima de un mes.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, as empresas facilitarán o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral, e durante dúas horas ó mes.

En todo o demais, observarase o disposto na lexislación laboral vixente e, en particular, nos artigos 61 ó 81 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 34º.-Desconto da cota sindical.

A requirimento dos traballadores afiliados a unha central sindical, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central sindical á que pertence, a cantidade da cota, así como o número da conta corrente á que debe ser transferida a correspondente cantidade.

As empresas efectuarán as devanditas detracións, salvo indicación en contrario, durante períodos de un ano.

Artigo 35º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas pactadas no presente convenio, constituirase unha comisión paritaria integrada por seis membros da representación social e seis da empresarial.

A comisión paritaria reunirase cunha periodicidade trimestral e dentro da primeira quincena do mes seguinte a cada trimestre.

Artigo 36º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto expresamente neste convenio, aplicarase a ordenanza laboral do sector, o Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 37º.-Partes asinantes.

O presente convenio foi negociado polos sindicatos: Comisiones Obreras, Unión General de Trabajadores

e Converxencia Intersindical Galega, en representación dos traballadores, e a Asociación Provincial de Empresarios de Derivados do Cemento da provincia de Pontevedra, polos empresarios e asinado por tódalas partes.

Disposición adicional primeira

O texto do presente convenio será redactado nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, castelán e galego.

Disposición transitoria

Contratación eventual para os supostos previstos no artigo 3 do Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro: a duración máxima destes contratos poderá estenderse a un período de 12 meses, dentro do cómputo global de 18 meses. Fíxanse como indemnizacións ó vencemento deles as seguintes: un 7% dos salarios devengados durante a prestación de servicios, se a súa duración máxima non supera os 6 meses, e un 4,5% se a súa duración supera os 6 meses.

ANEXO I

Táboa de salarios

NivelCategoríaSalario basePlus asistencia

e puntualidade

Antigüidade

Bienio

Antigüidade

Quinquenio

Plus de

transporte

II Persoal titulado superior178.1317046.85013.705448

III Persoal titulado medio-xefe

administrativo

151.2556015.81611.640448

IV Xefe persoal-axudante de obra

encargado xeral de fábrica

126.4485294.862 9.731448

V Xefe administrativo 2ª, delineante

superior, encargado xeral de obra,

xefe sección, xefe de obra

113.9124714.381 8.763448

VI Oficial administrativo 1ª, delineante 1ª,

xefe encargado de taller ou laboratorio

106.2094424.086 8.171448

VII Delineante 2ª, viaxante, capataz,

especialista de oficio

100.4204263.862 7.726448

VIIIOficial administrativo 2ª,

Oficial 1ª de oficio

94.6163953.639 7.281448

IX Auxiliar administrativo,

oficial 2ª de oficio

91.7463843.529 7.060448

X Auxiliar de laboratorio, vixiante,

almaceneiro, cobrador, axudante

de oficio, especialista 1ª

88.8583753.420 6.845448

XI Especialista 2ª, peón especializado 85.9613643.310 6.837448

XII Muller limpeza, peón corrente 84.4693473.249 6.497448

XIIIAspirante administrativo, aprendiz

3º e 4º año, pinche 17 e 18 anos

52.9942752.039 4.078448

XIV Aprendiz 1º e 2º ano, pinche 16 anos 46.0152571.774 3.541448

Observacións: cando proceda a aplicación de salario día, resolverase dividindo a retribución mensual entre 30.

ANEXO II

Cadro

Horas/días

Esixibles

Concepto e % horasHoras/

Días/

Perdidos

%Horas/

Días/

Perdidos

%Horas/

Días/

Perdidos

%Horas/

Días/

Perdidos

%Horas/

Días/

Perdidos

%Horas/

Días/

Perdidos

%

Retrasos

Faltas

Sancións

Licencias non

retribuías

Enfermidade

Accidente non

laboral

Outros

Total

ANEXO III

Permisos e licencias concedidos ós traballadores

Conceptos a percibir

Motivos da licenciaTempo máximoS. baseAntig.Transp.Dist.Asist.Xustificantes

Falecemento ou enfermidade grave de pais, pais políticos, fillos, cónxuxe, compañeiro/a5 días naturaisSiSiNonNonNonEsquela e/ou documento no que se acredite o parentesco. Certificado médico. Deberá constar certificación gravidade. En caso cert. convivencia

Falecemento ou enfermidade grave de avós, avós políticos, xenros, noras, irmáns e cuñados4 días naturais ampliables a 5 en caso de desprazamentoSiSiNonNonNonEsquela e/ou documento no que se acredite o parentesco. Certificado médico. Deberá constar especif. gravidade

Falecemento outros familiares4 horasSiSiSiSiSiEsquela e documento acreditativo parentesco

Nacemento de fillo3 días laborais ampliables a 5 en caso de desprazamentoSiSiNonNonNonLibro famil. ou certificado xulgado

Matrimonio do traballador15 días naturaisSiSiNonNonNonLibro familia, certificado xulgado/igrexa

Matrimonio de fillos ou irmáns e novas nupcias de pais1 día naturalSiSiNonNonNonCertificado xulgado ou igrexa, sempre que se acredite parentesco. Invitación

Traslado do domicilio habitual, traslado de moblaxe1 día naturalSiSiNonNonNonCertificado do servicio de empadroamento

Enfermidade e consulta médica, consulta a especialista SOE prescrita polo médico de cabeceiraPolo tempo necesario. Máximo 5 horas díaSiSiSiSiSiCopia volante médico medicina SOE. Xustificante de asistencia médico especialista

Consulta médico medicina xeral. Acompañar ó médico a un familiar de primeiro grao inválido psíquico ou físico4 horas/día. Máximo 18 horas/anoSiSiSiSiSiCertificado médico SOE ou outro

Lactancia1 hora seguida ou reducción 1/2 hora, á elección da traballadora. (9 meses despois do parto)SiSiSiSiSiCertificado parto

Conceptos a percibir

Motivos da licenciaTempo máximoS. baseAntig.Transp.Dist.Asist.Xustificantes

Cargo sindical ou públicoO tempo legalSiSiSiSiSiO que proceda

Inescusables de carácter público:

-ElecciónsPolo tempo legalSiSiSiSiSiCertificado mesa elect.

Tribunais ordinarios:

-TestemuñaPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación

-DemandantePolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación

-DemandadoPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación

Xulgados do social:

-TestemuñaPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación

-DemandantePolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación

-DemandadoPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación

Presentación a quintasPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiXustifica-la citación

95-05872