Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do comercio do metal.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector do Comercio do Metal, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-8-1995, suscrito, en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Empresas de Ferretería e Ferros, o Gremio Provincial de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros e a Asociación de Mioristas de Material Eléctrico, e, da parte social, por CC.OO, UXT e CIG, o día 18-7-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro de depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galcia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de agosto de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial do Comercio do Metal da provincia da Coruña 1995

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio é de aplicación para tódalas empresas e traballadores da provincia da Coruña dedicadas ó comercio dentro da actividade de siderometalúrxica, sector comercio. Exceptúanse as empresas que teñan convenio propio, sempre que as súas condicións, consideradas no seu conxunto, sexan superiores ás aquí pactadas.

Artigo 2º.-Vixencia e revisión.

O convenio terá vixencia para tódolos efectos desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

No caso de que o IPC establecido polo INE superase a 31 de decembro de 1995 o 4% con respecto á mesma data do ano anterior, efectuarase unha revisión salarial, tan pronto como se constate oficialmente, na porcentaxe en que o supere. A revisión non terá efectos retroactivos, servindo soamente de base para a negociación de 1996.

Artigo 3º.-Denuncia.

O convenio prorrogarase nos seus mesmos termos por períodos anuais, se ningunha das partes o denuncia con un mes de antelación ó seu termo.

A denuncia deberáselle comunicar á outra parte por escrito, e se é o caso, ó organismo competente da Administración.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas cláusulas económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, estimadas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que outros pactos, cláusulas ou situacións actualmente vixentes nas distintas empresas que impliquen condicións máis beneficiosas cás convidas serán respectadas e non absorbidas.

Artigo 5º.-Comisión mixta.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes na obriga e interpretación do convenio serán sometidas obrigatoriamente e como trámite previo á

comisión mixta, que estará integrada por tres vocais representantes das centrais sindicais que tomaron parte na negociación, e tres representantes dos empresarios designados pola comisión deliberadora, na forma seguinte:

Parte empresarial:

Ángel Torres González

Antonio Amos Campos

Sedundino Garrido Belmonte

Parte social:

José Luis Paz Pena (CC.OO)

Miguel Cagigal Fariña (UXT)

Silo Castro (CIG)

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Será de corenta horas á semana, cun cómputo anual máximo de 1.808 horas en 1995.

Artigo 7º.-Vacacións.

Concederanse trinta días naturais, a ser posible ininterrompidos, que se devengarán de acordo co salario reflectido na táboa salarial, maila antigüidade correspondente.

A empresa procurará facer coincidi-las vacacións nos meses de verán, establecéndose unha gratificación de 2.000 pesetas para todos aqueles traballadores que as desfruten no período entre o 31 de outubro e o 31 de marzo.

Artigo 8º.-Salario por hora profesional.

Para a súa determinación teranse en conta os conceptos seguintes:

a) Salario base.

b) As pagas extraordinarias de marzo, antes de beneficios, 15 de xullo, Nadal, na medida que se pacte este convenio.

c) O premio de antigüidade, tal como se pacta este convenio.

Os conceptos anteriores refírense á xornada establecida neste convenio.

Artigo 9º.-Salario base.

Os salarios base establecidos para cada categoría profesional por unidade de tempo son os que se recollen no anexo.

Artigo 10º.-Plus de antigüidade.

Consistirá na percepción do 5% do salario base reflectido no anexo por cada cuadrienio, coas limitacións establecidas no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores na redacción da Lei do 20 de marzo de 1980. Os cuadrienios comezarán a computarse desde o momento en que se ingrese na empresa, incluído o período de aprendizaxe.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse cun 75% de incremento sobre a hora ordinaria, segundo a normativa vixente.

Nos días de vendas especiais de decembro, xaneiro e xullo prolongarase a xornada en tempo suficiente, retribuíndoo como horas extraordinarias. Estas horas extraordinarias terán carácter de estructurais para efectos de cotización.

Consideraranse horas estructurais as precisas en épocas punta de venda para a realización de inventario. Tamén terán este carácter as precisas en épocas en que coincida en desfrute de vacacións máis dun 25% do persoal da empresa.

Suprimiranse as horas extraordinarias habituais.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias que se farán efectivas nos días laborables inmediatamente anteriores ó 15 de xullo e 22 de decembro, e dentro do primeiro trimestre do ano, a correspondente ó mes de marzo (antiga de beneficios).

As tres aboaranse cunha mensualidade de salario base e antigüidade, que figuran no anexo deste convenio, e poderán ratearse por mensualidades, por acordo entre a empresa e os traballadores.

Artigo 13º.-Plus de transporte.

Este plus será percibido en todos aqueles casos en que a empresa non transporte os traballadores desde as inmediacións dos seus domicilios ós seus respectivos centros de traballo.

Así mesmo, aínda dispoñendo de transporte propio, déixase á libre vontade dos traballadores utilizalo ou non, percibindo o traballador neste último caso o importe correspondente ó plus establecido, sendo a contía do citado plus de 8.306 pesetas, equivalentes a 332 pesetas por día de traballo.

Artigo 14º.-Período de proba.

A admisión do persoal fixo considerarase provisional durante o período de proba variable, segundo a índole do labor que a cada traballador corresponde que, en ningún caso, poderá exceder do que se sinala na seguinte escala:

-Persoal técnico titulado de grao medio ou superior e director: seis meses.

-Xefe de división: seis meses.

-Xefe de persoal: seis meses.

-Xefe de vendas: seis meses.

-Encargado xeral e viaxante: tres meses.

-Restante persoal mercantil propiamente dito: un mes.

-Persoal de actividades auxiliares: quince días.

-Persoal subalterno: quince días.

Durante este período tanto o traballador coma a empresa poderán, respectivamente, desistir da proba ou proceder ó despedimento sen previo aviso, sen que ningunha das partes teña por iso dereito a indemnización.

Transcorrido o prazo referido, o traballador pasará a figurar no cadro de persoal da empresa e o tempo transcorrido en calidade de proba seralle computado para efectos de aumentos periódicos polo tempo de servicio que establece o presente convenio.

Os períodos de proba sinalados non son de carácter obrigatorio e as empresas poderán, en consecuencia, proceder á admisión do persoal, con renuncia expresa, total ou parcial, á súa utilización.

Artigo 15º.-Contrato de traballo.

O persoal, atendendo á súa permanencia, clasificarase en: fixo, temporal e interino.

O persoal que non sexa fixo deberá necesariamente subscribir contrato escrito, de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre contratación laboral.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador.

b) Dous días por asuntos propios, que poderán ser acumulados ás vacacións se así se acorda previamente coa empresa.

Esta cláusula deixará de ter efecto se por disposición xeral se reduce a xornada máxima legal.

c) Morte ou enterramento do cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns, enfermidade do cónxuxe, pais e fillos, parto da esposa.

A duración desta licencia será alomenos de 15 días en caso de matrimonio e ata de cinco días nos demais casos, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador deba facer e as demais circunstancias que concorran no caso. Atendidas estas, os mesmos xefes que concederon as licencias poderanas prorrogar, sempre que se solicite debidamente.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

Observarase o disposto na ordenanza laboral de comercio, se ben se lles entregarán a tódolos productores dúas pezas de traballo ó ano, como mínimo, sempre que o necesiten, en función da actividade que realicen, de acordo coas normas de seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 18º.-Enfermidade ou accidente.

Sen prexuízo das demais condicións máis favorables que estivesen establecidas nas empresas comprendidas nesta ordenanza, no caso de enfermidade común ou profesional e de accidente, sexan ou non de traballo, observaranse as seguintes normas:

1. No caso de incapacidade laboral por enfermidade ou accidente, debidamente acreditado pola Seguridade Social, do persoal comprendido no réxime de asistencia desta, a empresa complementará as prestacións obrigatorias ata o importe íntegro das súas retribucións, ata o límite de 18 meses, aínda que o traballador fose substituído. O mesmo tratamento se lle outorgará á muller embarazada.

2. Ó persoal que en caso de enfermidade común ou accidente non laboral non teña cumprido un período de cotización de 180 días, dentro dos cinco anos inmediatamente anteriores ó feito causante, a empresa virá obrigada a satisface-la retribución básica ata que sexa cuberto o dito período de carencia.

Artigo 19º.-Xubilación.

O traballador que, por proposta da empresa e de acordo ámbalas partes, se xubile voluntariamente antes de cumpri-los 65 anos, terá dereito a percibir da empresa unha cantidade periódica que, sumada á prestación por xubilación, sexa igual ó 100% da base reguladora establecida polo INSS para o cálculo da pensión, ata que cumpra os 65 anos.

Percibirá, ademais, no momento de se xubilar, un premio equivalente á sexta parte do salario anual máis antigüidade.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para todos aqueles traballadores con dereito ó 100% da base reguladora.

Artigo 20º

As empresas respectarán o dereito dos traballadores a se sindicaren libremente.

Os traballadores afiliados a un sindicato ou asociación legalmente constituídos, poderán distribuír información e recadar cotas fóra das horas de traballo, sen perturbaren a actividade normal da empresa.

A requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato con incidencia superior ó 15% do cadro de persoal do centro, as empresas descontarán na nómina do persoal o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitirá un escrito á empresa no que expresará a orde de desconto, a central á que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente á que debe ser transferida a cantidade.

As empresas efectuarán as ditas detraccións salvo indicación en contrario, durante períodos de un ano.

Os representantes dos traballadores elixidos conforme a normativa vixente disporán dun crédito de horas para desenvolveren a súa actividade sindical.

As horas retribuídas dos membros do comité de empresa ou delegados de empresa de máis de trinta traballadores, poderán acumularse para ser desfrutadas por un ou varios de entre eles sen supera-lo número total, e logo de acordo dos interesados, notificado á dirección da empresa con oito días de antelación ó comezo do mes de que se trate e non supoña alteración grave de réxime laboral dela.

Artigo 21º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas contratarán un seguro colectivo de invalidez permanente total ou morte por accidente durante as 24 horas para todo o persoal afectado por este convenio, coas seguintes indemnizacións:

-Por morte: 2.000.000 de ptas.

-Por invalidez permanente total ou absoluta: 2.000.000 de ptas.

Este incremento na indemnización entrará en vigor a partir da renovación da póliza vixente no momento da sinatura deste convenio.

As empresas que contratasen a póliza correspondente cunha compañía de seguros non responderán subsidiariamente das indemnizacións, en ningún caso.

Quedarán excluídos aqueles riscos que ordinariamente as compañías de seguros non cobren.

Artigo 22º.-Cláusula de desvinculación.

Aquelas empresas con perdas durante os exercicios de 1993 e 1994 e similares previsións para 1995, poderán prescindir da aplicación dos salarios pactados neste convenio. Poderán acollerse tamén a este beneficio aquelas empresas que, durante os mesmos períodos, estean suxeitas a expedientes de regulación de emprego por causas económicas.

No prazo máximo de dous meses á sinatura do presente convenio, as empresas que se acollan a esta cláusula deberán presentar á comisión paritaria a documentación que acredite de forma que faga fe a súa situación. Naquelas empresas que teñan comité ou representación dos traballadores, negociarase esta cláusula remitíndolle á comisión paritaria a acta do acordo. Nas empresas onde exista representación sindical, informarán e presentarán a documentación pertinente á comisión paritaria.

De non existir acordo para a aplicación desta cláusula, ámbalas partes acordan de antemán a arbitraxe da Delegación Territorial de Traballo da consellería correspondente na Coruña.

A comisión paritaria poderalles reclamar ás empresas a documentación aclaratoria que estime necesaria.

Nas empresas acollidas á cláusula de desvinculación económica negociarase o incremento salarial pola parte baixa da banda salarial.

Convenio colectivo do Comercio do Metal

Táboas salariais 1995

CategoríaSalariosCómputo anual

Grupo I:

Titulado grao superior100.003 1.591.411
Titulado grao medio92.982 1.486.096
A.T.S.88.068 1.412.386

Grupo II:

P. mercantil-T. non titulado:

Director102.817 1.633.621
Xefe de división97.901 1.559.881
Xefe de persoal97.196 1.549.306
Xefe de compras97.196 1.549.306
Xefe de vendas98.601 1.570.381
Encargado xeral98.601 1.570.381
Xefe de sucursal92.982 1.486.096
Xefe de almacén92.982 1.486.096
Xefe de grupo90.878 1.454.506
Xefe de S. Mercantil88.769 1.422.901
Encargado establecemento88.769 1.422.901
Vendedor, cobrador86.664 1.391.326
Intérprete85.731 1.377.331

CategoríaSalariosCómputo anual

Persoal mercantil:
Viaxante87.364 1.401.826
Corredor de praza86.664 1.391.326
Dependente maior91.581 1.465.081
Dependente85.920 1.380.166
Axudante81.748 1.317.586
Traballadores de menos de 18 anos49.455 833.191

Grupo III:
Persoal Admón., T. non Tit. Admón.

propiamente dito:

Persoal técnico non titulado:
Director102.817 1.633.621
Xefe de división97.196 1.549.306
Xefe de administrativo94.386 1.507.156
Secretario85.959 1.380.751
Contable87.364 1.401.826
Xefe Sec. administrativa91.581 1.465.081
Persoal administrativo:
Taquim. idioma Estr.87.364 1.401.826
Oficial Adm. operador Maq. contable85.959 1.380.751
Auxiliar administrativo81.748 1.371.586
Aspirante menor de 18 anos49.455 833.191
Aux. caixa menores 18 anos49.455 833.191
Aux. caixa de 18 a 20 anos81.748 1.317.586
Aux. caixa de 20 anos81.748 1.317.586

Grupo IV:

Persoal de servicios e

actividades auxiliares:

Xefe de sección90.587 1.450.171
Debuxante92.983 1.486.111
Escaparatista91.581 1.465.081
Axudante de montaxe81.748 1.317.586
Delineante83.153 1.338.661
Visitador83.153 1.338.661
Rotulista83.153 1.338.661
Cortador8.678 1.391.536
Axudante cortador73.337 1.191.421
Xefe de taller83.153 1.338.661
Profesional de oficio de primeira81.718 1.317.586
Profesional de oficio de segunda81.748 1.317.586
Profesional de oficio de terceira/axudante81.748 1.317.586
Capataz81.748 1.317.586
Mozo especializado81.748 1.317.586
Ascensorista81.748 1.317.586
Telefonista81.748 1.317.586
Mozo81.748 1.317.586
Empaquetadora81.748 1.317.586
Repasadora medias81.748 1.317.586
Cosedor sacos81.748 1.317.586
Persoal subalterno81.748 1.317.586
Conserxe81.748 1.317.586
Cobrador81.748 1.317.586
Vixilante ou sereno81.748 1.317.586
Porteiro81.748 1.317.586
Persoal limpeza horas430

Plus de transporte8.306

9505871