Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.161

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

DECRETO 250/1995, do 7 de setembro, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Loxo-Enquerentes-Fonte Rosas e Ribeira (Touro-A Coruña).

A dispersión parcelaria que presentan os terreos de monte das parroquias de Loxo-Enquerentes-Fonte Rosas e Ribeira termo municipal de Touro-A Coruña foi posta de manifesto polos agricultores dela mediante solicitude dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, motivou un estudio de viabilidade e de valoración das posibilidades que ofrece a zona para incrementa-lo rendemento dos recursos agropecuarios, deduciéndose a conveniencia de levar a cabo a concentración parcelaria por razóns de utilidade pública e interese social.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, formulada conforme o establecido na Lei galega 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de setembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declárase de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Loxo-Enquerentes-Fonte Rosas e Ribeira (Touro-A Coruña).

Artigo 2º

O perímetro da zona será, en principio, o correspondente ós terreos de monte non concentrados con anterioridade das parroquias de Loxo-Enquerentes-Fonte Rosas e Riebeira (Touro-A Coruña). O referido perímetro quedará en definitiva modificado polas rectificacións, inclusións ou exclusións que se acorden, ó abeiro dos artigos 23 e seguintes da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 3º

A esta zona seranlle de aplicación os beneficios económicos programados ou asumidos pola Xunta de Galicia, para mellorar ou moderniza-las explotacións agrarias, e, en concreto, as que sinale o artigo 6 da Lei de concentraión parcelaria para Galicia

Artigo 4º

Os traballos de execución desta concentración parcelaria iniciaranse nun prazo non superior ós 6 meses a partir da publicación do presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para dicta-las disposicións complementarias que requiren a execución do presente decreto.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

95-5385