Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.146

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (626/1994).

Mª Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifico que, neste xulgado, se seguen autos de separación número 626/1994 a pedimento de Manuel Ferreiro Couto, representado pola procuradora Sánchez Silva, contra Mª Salomé Castro González e, nas súas actuacións, dictouse a presente sentencia, con data cinco de xuño de mil novecentos noventa e cinco, co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de divorcio nº 626/1994, no que son partes, dunha, como demandante, Manuel Ferreiro Couto, maior de idade e con domicilio na rúa Touro, número corenta e tres, piso segundo, letra B, en Santiago de Compostela, representada en autos pola procuradora Soledad Sánchez Silva e, da outra, como demandada, María Salomé Castro González, maior de idade, e declarada procesalmente en rebeldía.

Que, con admisión da demanda fomulada pola procuradora Soledad Sánchez Silva, en nome e representación de Manuel Ferreiro Couto, contra María Salomé Castro González, declarada procesalmente en rebeldía, debo declarar e declaro resolto, por razón de divorcio, con tódalas consecuencias legais, o matrimonio canónico que ambos contraeron, en Santiago de Compostela o día 18 de decembro de 1983 e todo isto sen facer especial pronunciamento das custas causadas neste procedemento.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que, contra ela, poden interpoñer, perante este xulgado, recurso de apelación, no prazo de cinco días a contar desde o seguinte ó da súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil de Santiago de Compostela, para a súa anotación na acta de matrimonio.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E, para que conste e lle sirva de notificación a María Salomé Castro González, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o trinta de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9505940