Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.145

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (138/1993).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber que nos presentes autos de xuízo de menor contía nº 138/1993 recaeu a sentencia e auto de aclaración dela cun encabezamento e resolución e parte dispositiva que respectivamente son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o catorce de xuño de mil novecentos noventa e cinco. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, tendo vistos os presentes autos de xuízo de menor contía 138/1993, promovidos por instancia da Caixa de Aforros de Galicia e na súa representación o procurador dos tribunais Raposo Quintas, contra Jesús Fabeiro Muñoz, Eladio Fabeiro Muñoz e Esperanza Muñoz Díez, en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando a demanda deducida polo procurador Raposo Quintas en nome e representación da Caixa de Aforros de Galicia contra Jesús Fabeiro Muñoz, Eladio Fabeiro Muñoz e Esperanza Muñoz Díez debo condenar e condeno os citados demandados a que solidariamente lle aboen á demandante a cantidade de 906.684 ptas. de principal así como os xuros pactados e as custas do procedemento.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Parte dispositiva. Que debía rectificar e rectificaba o segundo apelido do codemandado, Eladio Fabeiro Muñoz, que se puxera na sentencia de data 14 de xuño de 1995, polo correcto de Eladio Fabeiro Campos.

Mandouno e asínao Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres.

E para que así conste e para que lle sirva de notificación en forma ó codemandado Jesús Fabeiro Muñoz, actualmente en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria en funcións

Rubricado

9505253