Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.135

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa), situada na provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-7-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 12-7-1995.

De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no BOP.

Vigo, vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo ano 1995

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Interveñen.

Dunha parte, en representación do persoal, os membros do comité da empresa; a súa idoneidade xustifícase no anexo I.

Doutra, e en representación da empresa, Alberto González Rodríguez; a súa representación aparece acreditada no anexo II.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais entre a empresa Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa) e os seus traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta a tódolos traballadores fixos pertencentes ó cadro de persoal da empresa.

O persoal con contratos de traballo especiais e individuais nas condicións económicas seguirá sometido ás normas polas que actualmente se rexe e baixo este suposto, exclusivamente, non queda afectado por este convenio.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1995 e terá unha duración de un ano, é dicir, ata o 31 de decembro de 1995, calquera que sexa a data do seu rexistro pola autoridade laboral competente.

Artigo 5º.-Denuncia ou preaviso.

De non existir denuncia ou preaviso para algunha das partes cun mes de antelación á data de remate do presente convenio, este considérase tacitamente prorrogado por períodos anuais.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

En todo o establecido neste convenio respectaranse as condicións máis beneficiosas «ad personam» existentes, sempre que, no seu conxunto e en cómputo anual, sexan superiores ás establecidas neste convenio.

Artigo 7º.-Absorción e compensación.

O conxunto de condicións pactadas neste convenio absorberá e compensará en cómputo anual calquera mellora parcial que, no futuro, se puidese establecer, xa sexa por disposición legal ou pactada ou por calquera orixe que fose.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio constitúe unha unidade indivisible, polo que non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias das súas normas, desbotando o resto, senón que sempre haberá de ser aplicado e observado na súa integridade e considerado globalmente.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

Existirá unha comisión paritaria que estará composta por catro membros designados pola dirección da empresa e catro designados polo comité de empresa. A dita comisión paritaria será o órgano para interpretar, vixiar, conciliar e arbitra-lo disposto no presente convenio.

Os membros da comisión posúen os mesmos dereitos e obrigas e, en particular, a facultade de opinar en calquera asunto que sexa sometido a este órgano. Cada un deles terá dereito a un voto e os acordos serán por maioría entre os asistentes de cada unha das representacións.

As resolucións tomadas pola comisión paritaria obrigan a ámbalas partes.

En caso de empate seguiranse os trámites legais correspondentes.

A comisión paritaria reunirase cando existan asuntos que reclamen atención ou cando o solicite calquera das partes, sendo este trámite de carácter previo, antes de acudir á autoridade ou xurisdicción competente.

A comisión paritaria elaborará a súa propia normativa.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 10º.-Organización do traballo.

A organización práctica do traballo será competencia da dirección con suxeición á lexislación laboral vixente e, xa que logo, élle potestativo adoptar cantos sistemas de renovación, automatización, mecanización e modernización xulgue preciso, así como a reestructuración dos departamentos e seccións e, en xeral, canto poida conducir ó progreso técnico da empresa, sempre que non se opoña ó establecido nas disposicións vixentes na materia.

En todo iso, a empresa poderá solicita-lo asesoramento do comité de empresa.

Artigo 11º.-Normas de mantemento do sistema de valoración do posto de traballo.

Con data 22-2-1989 realizouse o estudio técnico de actualización das valoracións de tódolos postos de traballo e o seu axuste horizontal, que quedou recollido no acordo asinado entre os representantes da empresa e do comité de empresa.

A forma en que se levou a cabo a indicada actualización da valoración dos postos de traballo, os chanzos que corresponden a cada un dos postos, as normas para a valoración de novos postos de traballo e da revisión da valoración daqueles cun contido que variase substancialmente, así como a situación do persoal sobre clasificado, recóllense nunha norma asinada entre a dirección da empresa e o comité de empresa.

Capítulo III

Condicións de traballo

Sección primeira

Xornada de traballo e horarios

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

1. A xornada de traballo para todo o persoal incluído no ámbito deste convenio será de 1.782 horas anuais de traballo efectivo, tanto en xornada ordinaria como en xornada continuada.

2. As horas de traballo efectivo computaranse de forma que tanto ó comezo como ó final da xornada diaria cada traballador debe encontrarse no seu posto de traballo.

3. Para o persoal que traballe a tres quendas, incluídos os domingos e festivos, así como para o persoal que traballe a dúas quendas, as quendas seguirán como ata o momento, sen prexuízo de que entre a dirección e o comité de empresa poidan pactarse modalidades diferentes.

O dito persoal deberá traballa-los días que lle corresponda polo calendario de quendas, con independencia do número de horas fixado con carácter xeral para todo o persoal. O exceso de horas que poida realizar este persoal sobre a xornada xeral, logo de acordo entre a empresa e o traballador, aboaránselle en días de descanso, horas extraordinarias, ou outro sistema.

4. Non obstante o anterior, respectarase a xornada menor en calquera modalidade delas que se realice á entrada en vigor do presente convenio.

Artigo 13º.-Modalidades de horario.

Para efectos do cómputo do número total de horas de traballo efectivo anual, os representantes do persoal e a dirección establecerán os horarios nos que se recolla a distribución do número total de horas anuais. Para iso, terase en conta o seguinte:

a) En ningún caso se poderá realizar máis de 9 horas ordinarias de traballo efectivo, agás acordo entre a empresa e o comité, respectando en todo caso o descanso entre xornadas.

b) Entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas.

c) Semanalmente e acumulable por períodos de catorce días, existirá un descanso de día e medio ininterrompido, que, como regra xeral, comprenderá a tarde do sábado ou a mañá do luns e día completo do domingo.

d) Nos traballos a quenda poderanse computar por períodos de ata catro semanas os descansos de 12 horas entre xornada e de día e medio semanal a que se refiren os apartados b) e c) anteriores.

e) Nos postos de traballo a tres quendas, nos que se traballen as 24 horas do día, incluídos os domingos e festivos, terase en conta a súa rotación e que ningún traballador estea de noite máis de dúas semanas consecutivas, agás adscrición voluntaria.

Sección segunda

Horas extraordinarias

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación do paro existente e co obxecto de fomentar unha política social solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase a supresión das horas extraordinarias habituais.

As horas extraordinarias considéranse divididas en tres grupos:

Habituais, necesarias (estructurais) e de forza maior:

a) Horas extraordinarias habituais: son as realizadas cando se supera a xornada legal, que non responda ós supostos das horas extras de forza maior ou necesarias.

b) Horas extraordinarias necesarias (estructurais): son as que se realizan por períodos puntas de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, ou os de carácter estructural derivados da natureza do traballo de que se trate, ou mantemento. Todo

iso, sempre que non poidan ser substituídos por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas pola lei.

c) Horas extraordinarias de forza maior: son as que se efectúan para evitar avarías ou outros danos extraordinarios ou urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas auxiliares, producción, etc., por causas alleas á vontade das partes. A súa realización será obrigatoria.

A dirección da empresa informará periodicamente ó comité de empresa do número de horas extraordinarias realizadas e do carácter das mesmas.

As horas extraordinarias sinaladas nos apartados b) e c) non se terán en conta para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do aboamento como horas extraordinarias. En canto ás cotizacións á Seguridade Social, aplicarase a lexislación vixente.

Sección terceira

Vacacións

Artigo 15º.-Vacacións.

1. A duración para efectos só de desfrute será de 30 días naturais. O persoal que cause alta ou baixa durante o ano terá dereito a un número de días en proporción ó tempo traballado. A forma de proceder ó seu cálculo indícase no vixente Regulamento de réxime interior.

2. A forma de programa-lo seu desfrute será a vixente na actualidade (artigo 85 do Regulamento de réxime interior).

3. Co fin de compensar ó persoal da regulación das vacacións, obrigada para unha mellor organización do traballo ó longo de todo o ano, o que impón o desfrute das mesmas, en épocas de desigual apetencia, aboarase unha bolsa de vacacións. O seu importe para tódalas persoas afectadas por este convenio colectivo será para o ano 1995 de 126.747 pesetas.

4. A percepción da bolsa de vacacións irá unida sempre ó desfrute real delas.

No caso de fraccionamento das vacacións, pagarase no período de maior duración.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 16º.-Consideracións previas.

1. Porcentaxe de subidas e revisión salarial.

a) Porcentaxe de subida.

A porcentaxe que se vai aplicar será dun 3% sobre tódolos conceptos fixos agás a antigüidade (situación persoal) que está conxelada.

b) Revisión salarial. Non haberá revisión salarial.

2. Tódalas cantidades, calquera que sexa o seu concepto, que dimanen da aplicación do presente convenio, así como calquera outra percepción que puidese existir, considéranse necesariamente nos seus impor

tes brutos e sometidos ó gravame que a cada cal lle corresponda, segundo as circunstancias persoais e familiares.

3. Os impostos e cotizacións oficiais soportaraos a parte que legalmente lle corresponda e na proporción legalmente establecida en cada momento.

4. O total do percibido, en concepto de salario convenio (soldo base e complemento salarial), situación persoal, paga de beneficios e pagas extraordinarias denominadas de paga do patrón, paga de sinatura do convenio, premio de asiduidade e plus de presencia, correspóndese a 1.782 horas de traballo efectivo ó ano.

Artigo 17º.-Salario convenio.

1. O salario convenio devengarase por xornada e rendemento normais.

2. O dito salario convenio estableceuse no ano 1981 e é resultado da globalización dos seguintes conceptos salariais existentes no ano 1980: soldo de valoración (composto de: soldo base, plus de actividade e aumento voluntario), compensación lineal, compensación conxelada e o 25% da prima de producción devengada no ano 1980, incrementados no 15%, porcentaxe de incremento pactada para o ano 1981.

3. O salario convenio componse de soldo base e complemento salarial de empresa. No anexo IV recóllense os valores de soldo base e complemento salarial de empresa vixentes para 1995.

4. O salario base e o complemento salarial de empresa, que figuran no anexo IV, aparecen no seu importe anual. O importe mensual ou por día obtense dividindo o importe anual entre 14 ou entre 425, é dicir, polo número de meses ou días do ano máis o que corresponde ás pagas extraordinarias regulamentarias de xullo e Nadal.

5. Respecto das gratificacións extraordinarias regulamentarias de xullo e Nadal, percibirase mensualmente a doceava parte de cada unha delas.

O persoal que ingrese ou cause baixa durante o ano, o eventual e o interino, percibirá o seu importe proporcionalmente ó tempo de permanencia no cadro de persoal da empresa.

Artigo 18º.-Complemento de productividade.

1. O importe mensual que percibirá cada traballador será o resultado de multiplica-la fracción Ce/1417 pola producción real de cloro do mes expresada en t. Ce representa o coeficiente de chanzo que figura no anexo V.

2. Devengarase mensualmente por día traballado.

3. Este procedemento terá vixencia entrementres non se modifiquen os medios de producción. Calquera variación significativa destes levará aparellada a oportuna adaptación.

Artigo 19º.-Pagas extras.

1. Con rateo.

1.1. Paga de beneficios.

A cantidade que se percibirá por chanzo é a que figura no anexo VI.

1.2. Paga do patrón.

Distribuirase de forma lineal a todo o persoal valorado, sendo o seu importe de 123.026 pts. por traballador.

1.3. Paga sinatura convenio.

O importe que se percibirá por chanzo é o que figura no anexo VIII.

1.4 Paga de asiduidade.

O importe que se percibirá por chanzo é o que figura no anexo VIII.

2. Dereito á percepción.

As ditas pagas percibiraas o persoal que estea de alta na empresa no momento do seu pagamento. O que ingresase durante o ano percibiraas en proporción ó tempo que leve na empresa.

3. Data da súa percepción.

O mesmo día en que se liquide a nómina mensual e por doceavas partes de cada unha das citadas pagas.

4. Sen rateo.

4.1. Plus de presencia.

Co fin de mante-lo interese xeral respecto a que o absentismo en fábrica diminúa o máis posible e co fin de mellora-la productividade e dada a negativa incidencia daquel sobre esta, percibirase un plus de presencia na contía que se indica no anexo IX.

Descontaranse os tres primeiros días de baixa por enfermidade ou accidente, a non ser que a dita baixa sexa superior a 15 días; neste caso o dito desconto non se producirá. Aboarase en dúas pagas coas nóminas de xuño e decembro, respectivamente.

Artigo 20º.-Nocturnidade e quendas.

1. Nocturnidade.

1.1. Entenderase por traballo nocturno o realizado entre as vintedúas horas e as seis horas. O plus de nocturnidade percibirase por día efectivamente traballado de noite e non se fará efectivo, xa que logo, nas ausencias do traballador, aínda que estas teñan o carácter de retribuídas.

1.2. O persoal que realice horas extraordinarias durante o tempo comprendido entre as 22 e as 6 horas non percibirá neste concepto retributivo, xa que é base para o cálculo das horas extraordinarias.

1.3. A súa contía é a que figura no anexo X. Os ditos valores corresponden a unha xornada de oito horas.

2. Quendas.

O seu importe queda fixado como se indica na táboa anexa X.

3. «Non stop».

O persoal en réxime continuado ou «non stop» (artigo 21º), por estar incluído nestes conceptos retributivos na globalización a que se alude no dito artigo, non ten que percibir ningunha cantidade por estes conceptos (nocturnidade e quendas).

Artigo 21º.-Complemento retributivo por traballar en réxime continuado ou «no stop».

1. Definición do réxime «non stop».

1.1. Enténdese como réxime continuado «non stop» o sistema de producción dos traballadores que serven as instalacións productivas da factoría, necesarias para permiti-lo funcionamento ininterrompido destas.

1.2. Este réxime de traballo aplícaselle ó persoal que traballa en tres quendas rotativas de oito horas (mañá, tarde e noite), incluíndose domingos e festivos, que desfruta dos descansos compensatorios establecidos na lexislación vixente.

2. Xornada de traballo e sistemas de relevos.

2.1. A xornada laboral para este réxime de traballo será a normal establecida no presente convenio.

2.2. Ante a necesidade de mante-lo proceso continuado de fabricación e cando se dea unha falta ou ausencia imprevista de calquera ocupante dun posto de traballo, haberá que aterse ó previsto no artigo 14º b do presente convenio colectivo.

2.3. Establécese a mobilidade funcional, en especial de correquendas, de forma que respectando o seu nivel profesional e propiciando a súa preparación en postos diferentes do propio, poida cubrir baixas de forma xeral e preferentemente na súa sección ou departamento, tendo en conta o disposto no artigo 39 do Estatuto dos traballadores.

3. Contía e forma de percepción.

3.1. No anexo X indícase o importe a percibir mensualmente por cada chanzo de cualificación (12 mensualidades) e correspondentes a unha xornada diaria de oito horas de traballo.

3.2. O dito importe é o resultado da globalización anual do que o persoal viña percibindo no ano 1983 por nocturnidade (traballo de 22 a 6 horas), por quendas ou compensación por xornada continuada e horas de festivo, é dicir, os conceptos que diferencia o persoal que traballa en réxime continuado do que traballa en réxime de xornada partida ou normal.

3.3. Calquera cantidade que a lexislación vixente en cada momento lle poida adscribir a este persoal para diferencialo do de xornada normal por calquera concepto, considerarase absorbida nos valores da táboa acordada ata os valores absolutos dos conceptos diferenciados, considerados no seu conxunto e que en cómputo anual non superen os da táboa.

3.4. Este complemento é de índole funcional, polo que se percibirá soamente se se ocupa un posto de traballo nas condicións anteriormente indicadas, non tendo carácter consolidable.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

Acórdase que a retribución das horas extraordinarias se faga en función do chanzo que ocupa cada traballador e non de forma personalizada.

As retribucións para cada chanzo indícase no anexo XI.

Os traballadores que tivesen unha retribución de horas extraordinarias superior á que corresponda ó

seu chanzo, manterana a título individual mentres sexa superior ó valor da táboa do anexo XI (ver anexo XII «retribución personalizada»).

Artigo 23º.-Antigüidade.

As cantidades que corresponden a cada traballador figurarán no recibo de salarios co título de «situación persoal» e non poderán sufrir incremento ningún por ningún concepto, polo que se considera conxelado o seu importe e a título persoal.

O persoal de novo ingreso non percibirá ningunha cantidade por este concepto.

Artigo 24º.-Paga extraordinaria segundo cash-flow.

1. Xeral.

En función do cash-flow no exercicio 1995 establécese unha paga extraordinaria de aplicación a tódolos traballadores fixos de cadro de persoal, nas seguintes condicións.

Para efectos desta paga o concepto de cash-flow enténdese como a suma alxebraica do resultado despois de impostos máis a dotación para a amortización do inmobilizado e a dotacion ó fondo de reversión.

O salario fixo sobre o que se calcula a dita paga é a retribución bruta anual fixa realmente obtida por cada traballador. Forman parte da retribución bruta fixa os seguintes conceptos:

-Salario convenio.

-Pagas extras.

-Complemento «non stop».

-Paga de situación persoal.

-Bolsa de vacacións.

A contía que corresponde por esta paga establécese como unha porcentaxe do salario fixo e de forma proporcional ó cash-flow obtido, de acordo cunha liña quebrada con catro tramos que a seguir se definen mediante as seguintes ecuacións nas que X representa o valor do cash-flow en millóns de pesetas e Y a porcentaxe de salario fixo.

Primeiro tramo: está comprendido para un cash-flow entre 0 e 70 MPts. Fórmula: Y= 1/70 x X

Segundo tramo: está comprendido para un cash-flow entre 70 e 200 MPts. Fórmula: Y= 7/130 x X- 36/13

Terceiro tramo: está comprendido para un cash-flow entre 200 e 500 MPts. Fórmula: Y= 1/150 x X + 100/15

Cuarto tramo: para un cash-flow superior a 500 MPts. a porcentaxe de salario fixa a distribuír mantense constante nun 10%.

A dita paga percibirase no mes de marzo, tan pronto como sexa coñecido o resultado da empresa. En caso de causar baixa na empresa, ó longo do ano, non se devengará importe ningún por este concepto.

Esta paga ten o carácter de non consolidable e poderá ser modificada por dúas causas, a primeira, o seu imprescindible axuste en función da deflación da moeda e a segunda, a súa completa modificación necesaria en caso de cambia-la estructura do negocio.

2. Aplicación práctica ó ano 1995.

A paga de cash-flow correspondente ó ano 95 será a suma das cantidades resultantes de aplica-las seguintes porcentaxes:

a) 75% da porcentaxe que resulta da aplicación da fórmula de cash-flow prevista no convenio de ELNOSA.

b) 15% da porcentaxe que resulte da aplicación da fórmula base b=0 de cash-flow prevista no convenio de ENCE-PO.

Capítulo V

Beneficios sociais

Artigo 25º.-Seguros de vida e accidentes.

A empresa manterá con Musini os seguros de vida colectivos a favor dos seus traballos nas seguintes condicións xerais:

a) Seguro de vida póliza nº 41.053.220.

O capital asegurado a cada traballador é de 890.000 ptas. en caso de falecemento por enfermidade ou incapacidade permanente absoluta e de 1.780.000 ptas. se o falecemento é por accidente.

A partir do 1-7-1995 este seguro cubrirá tamén a invalidez permanente en grao total. O custo da prima adicional será asumido ó 50% pola empresa e os traballadores. O primeiro recibo anual desta prima adicional será pagado na súa totalidade pola empresa.

O novo reparto dos custos das primas desta póliza será, a partir de agora, o seguinte:

-87,5% da empresa

-12,5 dos traballadores.

b) Seguros de vida e accidente, 50% con cargo á empresa e 50% ós traballadores

O capital asegurado a cada traballador é o que figura na póliza nº 41.053.176 e liquidarase en caso de morte natural e invalidez permanente absoluta.

A partir da data 13/6/95 tamén se liquidará por invalidez permanente en grao total, segundo as condicións fixadas no correspondente suplemento da dita póliza.

Se a causa é por accidente, o capital é dobre do que figura na dita póliza.

A relación do persoal, cos seus capitais individualizados, consta en poder do comité de empresa, así como unha copia das pólizas.

A póliza de accidentes é a nº 31.000.347.

O 50% das primas correspondentes a estas pólizas é a cargo da empresa, sendo por conta dos traballadores o outro 50%.

A prima específica de cada traballador é o valor proporcional, referido ó 50% por conta dos traballadores, segundo o que representa o capital individual sobre o conxunto do capital total.

A idade límite sera ó termo da anualidade en que o asegurado cumpra 65 anos.

Artigo 26º.-Plan social.

a) Percepcións.

A paga de setembro de 88.710 ptas., procedente do reparto do fondo do plan social desaparece como tal.

Acórdase que a cantidade correspondente pase a formar parte, por adición, do complemento salarial, incrementándose ademais, por acordo de convenio, en 16.300 ptas. Polo tanto, a cantidade total que se incorpora ó complemento salarial é de 88.710 + 16.300 = 105.010 ptas. (a incorporación faise unha vez efectuado o incremento do 3% ó complemento salarial do ano 1994).

b) Prestacións.

b.1. Sempre e cando os resultados o permitan, a empresa seguirá atendendo os diversos actos sociais que se celebran con motivo das festas de Nadal e día do patrón.

b.2. Respecto do comedor, a empresa seguirá a se facer cargo da diferencia entre o aportado polo traballador e o custo total.

Dado o seu reducido custo, tratarase de que o persoal de fábrica o utilice cando teña que vir realizar traballos.

c) Medicina asistencial.

Comprende este capítulo a axuda que a empresa lles pode prestar ós traballadores naquelas circunstancias económicas polas que atravesen, debido a causas de enfermidade e outras. Estas axudas fixaranse en cada caso atendendo as especiais circunstancias do solicitante e as posibilidades da empresa.

Artigo 27º.-Indemnización por xubilación anticipada.

A cantidade que se percibirá como indemnización por xubilación anticipada será negociada directamente pola empresa con cada interesado, se ben se establece como cantidades mínimas de indemnización de xubilación anticipada as seguintes:

Anos de idadePesetas

602.751.336

612.407.419

621.834.224

631.490.307

641.146.390

Capítulo VI

Actuación sindical na empresa

Artigo 28º.-Actuación sindical na empresa.

1. A actuación sindical na empresa rexerase polas disposicións vixentes en cada momento.

2. A empresa facilitará o labor que teñan que desenvolve-los representantes do persoal, poñendo ó seu dispor os medios necesarios.

3. No anexo III indícanse as funcións e garantías do comité de empresa e os dereitos sindicais dos traballadores.

Capítulo VII

Disposicións adicionais

Primeira.-Reducción de absentismo.

As partes asinantes do convenio comprométense a continuar, de común acordo, os estudios necesarios, co fin de reduci-lo absentismo.

Segunda.-Productividade.

As partes asinantes comprométense a realizar conxuntamente os estudios que procedan, co fin de mellorar en todo o posible os valores actuais de productividade.

Terceira.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional é a consecuencia da facultade da dirección para organiza-lo traballo co fin de logra-la plena ocupación e o pleno emprego de todos e cada un dos traballadores, así como a consecuencia dunha mellor e máis racional explotación da fábrica.

A empresa e os representantes dos traballadores son conscientes da necesidade de mellora-la calidade dos productos e os custos da empresa.

Debido á caída da demanda de cloro e como consecuencia da adaptación de fabricación ós períodos horarios de punta, chan e val, mesmo con paradas de diversas seccións en diferentes bandas horarias será necesaria a reorganización de funcións, quendas e postos de traballo con posibilidade de suspensión dalgúns destes últimos, dando lugar a unha progresiva reducción do cadro de persoal necesario da fábrica.

A dita reducción de persoal non se fará, no posible, de forma traumática e para tratar de evitalo aplicaráselle ó persoal a mobilidade funcional, que posibilitará a cobertura dos diferentes postos que vaian quedando vacantes en función da propia reorganización que se leve a cabo.

Estes traslados realizaranse informando ó comité de empresa sobre as causas que os producen.

O dito comité de empresa, ademais de coñece-las causas anteditas, coñecerá e será oído en relación cos plans de formación que se programen para adaptar ós traballadores ós seus novos cometidos, se estes plans fosen necesarios, ademais de recibir información sobre o aproveitamento e os resultados dos ditos cursos. No suposto de que, aínda habendo persoal sobrante, fose necesario contratar novo persoal fixo, o comité de empresa será informado previamente das causas que motiven o ter que recorrer á contratación de novo persoal.

1. O traballador terá dereito á retribución correspondente ás funcións que efectivamente realice agás no caso de que se lle encomenden funcións inferiores nas que se manterán a retribución do nivel de orixe do seu grupo profesional.

2. Se como consecuencia da mobilidade funcional se realizasen funcións superiores por período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclamar ante a dirección da empresa que se proceda á cobertura da vacante correspondente ás funcións por el realizadas conforme o disposto en materia de ascensos.

3. O prazo indicado no apartado anterior non será de aplicación en casos de substitución, por servicio militar, incapacidade laboral transitoria, invalidez provisional, vacacións, licencias e excedencias das que a concesión sexa obrigatoria para a empresa. Nestes últimos supostos, a substitución comprenderá todo o tempo en que duren as circunstancias que a motivasen sen que outorguen dereito á consolidación do posto; pero si á percepción da diferencia económica durante a substitución se esta existise.

4. Se o cambio do posto de traballo tivese orixe por petición do interesado, asignaránselle as percepcións que corresponden ó novo posto.

5. Non se considerarán traballos de nivel inferior os realizados polo traballador para a conservación e limpeza da zona de traballo, maquinaria, instalacións e utensilios que utilice, por considerarse este labor propio das súas fucións.

Cuarta.-Seguridade e hixiene.

En cantas materias afecten á seguridade e hixiene no traballo, serán de aplicación as disposicións contidas na ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo, aprobada por orde ministerial do 9 de marzo de 1971 e normativa concordante. Para estes efectos, ámbalas partes acordan aborda-la aplicación do parágrafo anterior, de acordo cos criterios e declaracións xerais do convenio xeral para as industrias químicas.

Capítulo VIII

Disposicións derradeiras

Primeira.

En todo o non previsto e regulado no presente convenio, será de aplicación o disposto no convenio xeral de industrias químicas e nas formas oficiais vixentes sobre a materia de que se trate.

Segunda.

Tal como se indicou no artigo 8º, a validez deste convenio colectivo queda supeditada ó seu rexistro pola autoridade laboral competente. A empresa acepta que entre en vigor desde o momento da súa sinatura e con efectos desde a data indicada no artigo 4º.

Se o convenio non fose rexistrado, as cantidades que supoñan a aplicación deste convenio serán, en todo caso, consideradas a conta da que corresponda segundo o convenio definitivo.

E en proba de conformidade, é asinado polas partes, na representación que ostentan, en Pontevedra o 12 de xullo de 1995.

ANEXO I

En Pontevedra o 12 de xullo de 1995, reunidos os membros do comité de empresa de Electroquímica del Noroeste, S.A. (ELNOSA), constiuído legalmente tralas eleccións celebradas o 11 de xaneiro 1995.

Recoñece e certifica, mediante o presente escrito, que o comité está plenamente facultado para a negociación e sinatura do convenio colectivo que terá

vixencia do 1/1/95 ó 31/12/95. O dito comité esta formado polas seguintes persoas:

José Antonio Osorio Montero.

Antonio Torres Abal.

Raimundo Castro Pazos.

José M. Montes Pazos.

Vicente González Bastón.

E para que conste e produza os efectos oportunos, asínase este escrito en Pontevedra na data anteriormente citada.

ANEXO II

José M. Seoane García, director do Complexo Ence-Elnosa

Certifica o acordo de lle encomendar a Alberto González Rodríguez, director de producción, a negociación e, se é o caso, resolución, dentro das directrices dimanadas do propio Consello de Administración do Convenio Colectivo que regule as relacións laborais durante o período comprendido entre o 1-1-1995 ó 31-12-1995.

E para que conste, expido a presente certificación en Pontevedra o un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

ANEXO III

I. Comité de empresa.

1. Funcións.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidas polas leis, recoñéceselle ó comité de empresa as seguintes funcións:

1.1. Ser informado pola dirección.

1.1.1. Trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

1.1.2. Anualmente, coñecer e ter ó seu dispor o balance, a conta de resultados, a memoria e cantos documentos se lles dan a coñecer ós socios.

1.1.3. Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións de cadro de persoal, cerres totais ou parciais das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

1.1.4. En función da materia de que se trata:

1.1.4.1. Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias: estudios de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

1.1.4.2. Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que efecte ó volume de emprego.

1.1.4.3. Facilitaráselle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contrato de traballo que de cotío

se utilicen, estando lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas ante a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

1.1.4.4. Sobre sancións impostas por faltas moi graves e, en especial, en supostos de despido.

1.1.4.5. No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingresos, cesamentos e os ascensos.

1.2. Participar, como regulamentariamente, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

1.3. Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1.3.1. Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións ou usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

1.3.2. A calidade da docencia e da efectividade da mesma nos centros de formación e capacitación da empresa.

1.3.3. As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

1.4. Colaborar coa dirección para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

1.6. Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

1.7. Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós apartados 1.1.1 e 1.1.2 deste artigo, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa, e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

1.8. O comité velará no só porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente ou paccionada, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexo e fomento dunha política racional de emprego.

2. Garantías.

2.1. Ningún membro do comité de empresa poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despido ou a sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despido ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves, obedecesen a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio, no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa e o delegado do sindicato ó que pertenza, no suposto de que se encontrase recoñecido como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia no centro de traballo, respecto ós demais traballadores, no supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

2.2. Non poderán ser discriminadas na súa promoción económica ou profesional, por causa ou razón do desempeño da súa representación.

2.3. Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa, nas materias propias á súa representación, podendo publicar ou distribuír sen perturba--lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicándolle todo iso previamente á empresa, e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente para o efecto.

2.4. Disporán do crédito de horas retribuídas que a lei determine.

Os membros do comité de empresa poderán renunciar a parte destas horas ou a todas elas, acumulándose nun ou en varios destes membros do comité, sen supera-lo máximo total que determina a lei. Se esta acumulación alcanzase o número de horas anuais de traballo, poderán ser relevados del sen prexuízo da súa remuneración.

Tódolos afectados por estas renuncias asinarán unha acta dela na que constará a aceptación daquel ou aqueles en que se acumulen, e faraa chegar á dirección da empresa. As reuncias e as conseguintes acumulacións terán unha duración mínima de un ano.

Así mesmo, non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre el se produza con motivo da designación de membros do comité como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados e polo que se refire á celebración de sesións oficiais a través das que transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referido.

2.5. Sen supera-lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros de comités, co fin de preve-la asistencia deles a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos de formación e outras entidades.

En relación co indicado nos apartados 2.4 e 2.5 a dirección deberá saber coa suficiente antelación os días nos que polos motivos que se sinalan non se vai asistir ó traballo, e deberase, ademais, xustificar debidamente os días de non asistencia ó traballo.

II. Actuación sindical.

1. A empresa.

1.1. Respectará o dereito a tódolos traballadores a se sindicaren libremente.

1.2. Admitirá que os traballadores afiliados a un sindicato poidan celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade da empresa.

1.3. Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie

traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

2. Os sindicatos poderán remitir información á empresa se dispoñen de suficiente e apreciable afiliación, co fin de que esta sexa distribuída fóra das horas de traballo, e sen que, en ningún caso, o exercicio de tal práctica puidese interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

3. Existirán taboleiros de anuncios nos que os sindicatos debidamente implantados poderán inserir comunicacións; para este efecto dirixirán copias delas previamente á dirección.

4. Excedencia.

Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que ostente cargo sindical de relevancia provincial, a nivel de secretario do sindicato respectivo, e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se atope no exercicio do dito cargo e reincorporarase á empresa se o solicita no termo de un mes ó remata-lo desempeño do mesmo.

5. Participación nas negociacións de convenios colectivos

Ós delegados sindicais ou cargos de relevancia nacional das centrais recoñecidas no contexto do presente convenio implantadas nacionalmente, e que participen nas comisións negociadoras de convenios colectivos, que sexan traballadores en activo do centro de traballo de oficinas centrais seranlles concedidos permisos retribuídos, co fin de facilitárlle-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da antedita negociación, sempre que Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa) estea afectada pola negociación en cuestión.

6. Prácticas antisindicais.

En canto ós supostos de prácticas, que a xuízo dalgunha das partes, caiba cualificar de antisindicais, haberá que aterse ó dispostos nas leis.

9505266