Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1995, da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, pola que se incoa expediente de declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico a favor da Torre dos Moreno, sito no concello de Ribadeo, provincia de Lugo.

Vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral, favorables á incoación de expediente como ben de interese cultural con cateogría de monumento histórico artístico a favor da Torre dos Moreno sito no concello de Ribadeo-Lugo, e de conformidade cos artigos 6 a) e 9.2º da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español; artigo 11.2º do Real

decreto 64/1994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, que desenvolve parcialmente a antedita Lei; e de conformidade co artigo 7 do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de bens de interese cultural de Galicia. Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente de declaración de bens de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico a favor da Torre dos Moreno sito no concello de Ribadeo-Lugo. De acordo coa Lei 16/1985, do patrimonio histórico español, e do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, da Consellería de Cultura.

A delimitación do seu contorno figura no plano do anexo I, e a descrición é a seguinte.

Comenza a liña no punto 1 situado na traseira do nº 15 da rúa Amando Pérez Martinez, no seu medianil co nº 17.

Continúa polas traseiras dos edificios, desde o número 13 ó 1 da rúa Armando Pérez Martínez, atravesando a rúa I.Schulz segue polas traseiras dos edificios da Plaza de España desde o nº 19 o nº 6, atravesando a rúa Vilafranca do Bierzo á altura das ditas traseiras.

Seguer polas traseiras dos edificios da rúa San Francisco nº 2 e 4, no medianil co nº 6, sitúase o punto 2.

A liña xira no dito punto, a través do medianil á rúa de San Francisco e vai discorrer polo medianil entre a igrexa parroquial de Santa María del Campo e os edificios da rúa San Francisco.

Ó acaba-lo medianil cruza a Rinconada de San Francisco.

No punto nº 3 xira a líña pola liña da fachada ata o punto nº 4 onde segue a traseira dos edificios números 2, 4 e 6 da rúa Clemente Martínez Pasarón.

O punto nº 5 sitúase na traseira do nº 6 da rúa Clemente Martínez Pasarón, no seu medianil co nº 8. A liña percorre o dito medianil, ata a fachada onde segue por ela polo nº 8 ata o punto 6.

Xira entón para atravesa-la rúa Clemente Martínez Pasarón e segui-la liña da fachada do convento de Santa Clara.

No punto 7, correspondente co medianil traseiro dos números 6 e 8 da rúa Buenos Aires, xira a liña pola traseira do nº 8, rodea o dito número e segue pola rúa BVuenos Aires.

No punto 8, atravesa a rúa Buenos Aires e segue pola rúa Nova.

No punto 9, xira a liña para seguir a través das traseiras dos edificios da rúa Buenos Aires e do nº 1 da Praza de España.

No punto 10, a liña xira ó leste seguindo o contorno da travesía da Praza de España.

A liña cruza a rúa Ibañez, ata o punto nº 11 situado na liña da fachada da dita rúa no medianil dos números 9 e 11.

A liña segue pola rúa Ibañez ata o punto 12, onde xira a través do medianil 11 e 13 da rúa Ibañez, ata o medianil dos números 8 e 10 da rúa Trinidade.

No punto nº 13 a liña cruza a rúa Trinidade e segue pola Travesía da Paz, cruzando a rúa Amando Pérez Martínez ata atoparse co punto 1.

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó alcalde do concello de Ribadeo-Lugo notificarlle que: «o outorgamento das novas licencias de obras, e a execución das xa outorgadas antes de incoarse o expediente, precisarán resolución favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental».

Cuarto.-De acordo co disposto no artigo 12.2º do Real decreto 64/1994 do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985, do patrimonio histórico español, notificaráselle a resolución ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Cultura, e, de acordo co artigo 7 b) do decreto 430/1991, notifícase ademais ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1995.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral do Patrimonio Histórico e Documental

9505407