Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de agosto de 1995 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Bayón-Uxía-Teide de Ribeira (A Coruña).

Examinado o expediente incoado por Carlos García Bayón, titular do centro privado Bayón-Uxía-Teide de Ribeira (A Coruña), en solicitude de cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Coruña, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi informada favorablemente pola Inspección de Educación e pola propia delegación provincial.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), e demais disposicións complementarias.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia. Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Bayón-Uxía-Teide de Ribeira (A Coruña) a favor de Endesuca, Sociedad Anónima Laboral, con tódolos dereitos e obrigas contraídos polo cesionista Carlos García Bayón, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

5904