Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 20 de xullo de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifica comprobación de valores e liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Alonso Antich, Juan José e trinta e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos de comprobación de valores e liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46.1º do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os señalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición perante o Servicio de Xestión Tributaria de esta delegación territorial Praza de Compostela nº 26 Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula. Así mesmo poderá no mesmo prazo e en corrección do resultado de comprobación de valores promove-la práctica de taxación pericial contradictoria, o que determinaría a suspensión da liquidación e dos prazos de reclamación contra ela.

Vigo, 20 de xullo de 1995.

Pedro Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

95-05941