Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.030

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 21 de agosto de 1995 pola que se recoñece de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Aloya para la Promoción Cultural.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Aloya para la Promoción Cultural de Vigo.

Supostos de feito.

Primeiro.-O 4 de xullo de 1995 solicitouse o recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Aloya para la Promoción Cultural por medio de escrito presentado por María del Carmen Montero Pardo, en calidade de secretaria da fundación.

Segundo.-A fundación constituíuse en escritura pública, outorgada en Vigo o día 24 de abril de 1995, perante o notario José María Rueda Pérez, co número setecentos noventa do seu protocolo, por Cándido Vieira Pérez, Araceli Filgueira Iglesias, María del Carmen Montero Pardo, Concepción Lorenzo Blanco, María Ángeles Martínez Gadea, Enrique Lloves Soler, Ángeles Sangil Santamaría, Dolores García Hervás, María Diz Rodríguez, Rafael Antón Miranda, María Soledad Yanguas Prieto, María del Carmen Navarro Carro e María de la O Casares Ozores. O 27 de xuño de 1995, outórgase en Vigo escritura de solemnización de acordos sociais ante o mesmo notario e co número mil trescentos corenta e sete de protocolo, polo que se refunden os estatutos.

Terceiro.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías da Xunta de Galicia ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública a proposta de clasificación como cultura da Fundación Aloya para la Promoción Cultural dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo o establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego, correspóndelle a execución das facultades inherentes a aquel á Consellería de Cultura.

Cuarto.-Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 18 de xullo de 1995 (DOG do 4 de agosto) clasificouse como cultura a Fundación Aloya para la Promoción Cultural tendo en conta o disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego.

Quinto.-Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto a promoción cultural e social dos colectivos que forman a comunidade gale

ga, especialmente entre a xuventude, de xeito que, con coñecementos apropiados e actitude aberta e solidaria, contribúan efecazmente ó desenvolvemento artístico, científico e económico de Galicia, así como ó fomento da solidadriedade con outros pobos máis desfavorecidos.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constiúe a fundación, constan, entre outros, os seguintes puntos:

Acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta a denominación da fundación como Fundación Aloya para la Promoción Cultural capacidade xurídica, enderezo e obxecto.

O padroado da fundación está integrado polos seguintes membros:

Presidente: Cándido Vieira Pérez

Vicepresidente: Araceli Filgueira Iglesias

Secretaria:

María Ángeles Martínez Gadea

Concepción Lorenzo Blanco

Enrique Lloves Soler

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta comunidade competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego, así como o artigo 1 do Decreto 12/1990, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Aloya para la Promoción Cultural dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Cultura, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débense destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dá nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data da finalización do exercicio, unha memoria das actividades realizadas ó longo do ano e de xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anteior, que deberán prsentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data do peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións da Sección de Fundacións da Consellería de Cultura segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11.1º e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos, 2, 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/1992.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego Fundación Aloya para la Promoción Cultural.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección de Fundacións da Consellería de Cultura.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a formación do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obriga de da-la publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios e queda obrigada a rende-las contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, e debe solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1995.

Victor Manuel Vázquez Protomeñe

Conselleiro de Cultura

95-5386