Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.008

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (5/1991).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Pri

meira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo nº 5/1991, que ten o encabezamento o parte dispositiva do teor literal seguinte sentencia:

«Na cidade de Santiago de Compostela o vintedous de xuño de mil novecentos noventa e cino.

Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos perante este xulgado co número 5/1991, promovidos polo Banco Pastor, SA, con domicilio social na Coruña, Cantón Pequeno número un, representado polo procurador Regueiro Muñoz e dirixido polo letrado Carlos Paz Costas, contra Alfonso Villar Zon e Nuria Anta Álvarez, veciños de Santiago de Compostela, con domicilio en Sixto, Marrozos-Santa Lucía, declarados en rebeldía.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Alfonso Villar Zon e Nuria Anta älvarez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 580.397 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interpoñerse neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

A sentencia previamente inserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintedous de xuño de mil novecentos e cinco.

Rubricado

5146