Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.008

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (018/1995-I).

María del Pilar Varela García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, certifico que, nos autos que logo se dirá, recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din :

«Sentencia. En Ribeira o trinta de xuño de mil novecentos noventa e cinco. Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, viu os presentes autos de xuízo de faltas 018/1995-I, por resistencia a axentes de autoridade, no que son partes o Ministerio Fiscal en representación da acción pública e, como denunciantes, Antonio Amor Mella, Pedro Ferreira Pereira, Juan Manuel Veiras Barallobre e Luis Garrote Pombo e, como denunciados, María Isabel e Catalina Estévez Godoy.

Decido que debo condenar e condeno a María Isabel e Catalina Estévez Godoy como autoras responsables dunha falta contra a orde pública, xa definida, á pena de 10.000 ptas. de multa ou un día de arresto substitutorio en caso de non pagamento, para cada unha delas. Condenáselles, ademais, ó pagamento das custas procesais.

Notifíqueselle a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes interesadas, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días e formalizar mediante escrito no que motivadamente se expoñan as razóns que se queiran alegar. Quede testemuño da presente resolución nos autos e lévese o orixinal ó libro de sentencia deste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E, para que lles sirva de notificación a María Isabel e Catalina Estévez Godoy, expido e asino o presente edicto.

En Ribeira o doce de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-5155