Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do sector da carpintería de Ribeira.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo para o sector carpintería de Ribeira da provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-7-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Madera (Asema), e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, o día 4-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 13 do texto do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Adminis

tración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación da táboa salarial no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

En Vigo, dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Asistentes:

José Carlos Rodríguez del Río - UGT.

Xosé Lois Costas Fernández - CIG.

Jaime Pereira Silva - CC.OO.

Serafín Seijo Alonso - ASEMA.

95-5147