Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.006

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do sector da carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo para o sector da carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o día 11-7-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Madera (Asema), e a Asociación Comarcal de Empresarios de A Estrada (ACE), e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, o día 18-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 9 do texto do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la publicación da táboa salarial no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), así como a acta da comisión deliberadora.

En Vigo o dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado Provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra.

Asistentes

Representación social:

UGT: José Carlos Rodríguez del Riego

CIG: Xosé Xoán Melón González

CC.OO: Javier Pereina Silva

Representación empresarial:

Serafín Seijo Alonso

Acta de revisión salarial

Reunidos en Vigo o dezaoito de maio de mil novecentos noventa e cinco, reúnese nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, a comisión paritaria do convenio de carpintería, ebanistería e actividades afíns, da provincia de Pontevedra, co obxecto de proceder a efectua-la revisión salarial para o convenio do 1 de abril de 1994 ó 31 de marzo de 1995, e unha vez constatado que o IPC foi do 5.1 neste período, procédese a revisa-los salarios nun 1,1 por cento, quedando como seguen:

Táboa salarial do 1 de abril de 1994 ata o 31 de marzo de 1995

-Persoal de taller:

Encargado xeral, xefe de taller90.294 ptas.

Encargado de sección de producción89.821 ptas.

Oficial preparador-trazador89.206 ptas.

Oficial primeira, tupista primeiro, aserrador primeira, galerista, ensamblador, oficial de máquina circular, oficial afiador88.170 ptas.

Oficial de segunda, especialistas en serie e semiserie, oficial montador, tupista de segunda, aserrador de segunda, oficial de máquinas especiais, oficial lixador, fogoneiro, oficial instalador86.453 ptas.

Axudante, peón especializado85.471 ptas.

Peón83.424 ptas.

-Aprendices:

Aprendiz de 16 e 17 anos50.054 ptas.

Aprendiz de 18 anos72.260 ptas.

-Persoal administrativo:

Xefe de oficina102.562 ptas.

Oficial de primeira91.642 ptas.

Oficial de segunda85.386 ptas.

Auxiliar telefonista e mecanógrafo85.262 ptas.

Os chóferes percibirán o salario correspondente ás categorías de oficial de primeira ou de segunda, de acordo co seu carné de conducir.

Sobre estes salarios percibirase o premio de antigüidade, consistente en quinquenios na contía do 5% sobre os salarios desta táboa e que corresponda á súa categoría.

95-5345