Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.008

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (48/1995).

En virtude do acordado en resolución desta data conformada por Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, dictada nos autos de proceso de familia, que sobre divorcio se segue neste xulgado co número 048/1995, por instancia de Balbina Uzal Millán, representada polo procurador Merelles Pérez; por medio da presente cédula emprázase o esposo demandado Manuel Valo Boo, maior de idade, con enderezo

en Oural, concello de Boqueixón, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de vinte días compareza nos autos, por medio de avogado e procurador e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e non facerlle outras notificacións cás sinaladas na lei. Fáiselle saber que as copias da demanda e dos documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o once de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Gonzalo J. Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

5145