Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.981

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (452/1994).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e os do seu partido, fai saber:

Que nos autos de xuízo de cognición seguidos neste xulgado co nº 452/1994 se dictou con data do vinteseis

de maio de mil novecentos noventa e cinco, sentencia con encabezamento e fallo do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuiz de primeira instancia e intrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de alugamenteos urbanos seguidos polos trámites do xuízo de cognición, baixo o nº 452/1994, entre partes, dunha como demandante Luis Meijide Rodríguez, maior de idade, casado, veciño desta cidade, con domicilio en Concheiros, nº 20-4º Esq., actuando no seu nome e ademais no beneficio da comunidade da herdanza do seu falecido pai, Ramón Meijide Sánchez, representado pola procuradora Goimil Martínez, asistido do letrado Ferrer Jaureguízar, e doutra como demandada a entidade mercantil Sankyme, S.L., con domicilio descoñecido, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre resolución de contrato de alugamento por non uso.

Decido que admitindo a demanda formulada por Luis Meijide Rodríguez, actuando no seu propio nome, e ademais no beneficio da comunidade da herdanza do seu falecido pai, Ramón Meijide Sánchez, máis tarde representado pola procuradora Goimil Martínez, contra a entidade Sankyme, S.L., incomparecida e en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro resolto o contrato de alugamento que, sobre o local sito no piso 2º Esq. da casa nº 92 da r/ Rosalía de Castro (Milladoiro), do termo de Ames, existe entre as partes, condenando á mercantil demandada, na persoa que legalmente a represente, a que o deixe libre e á disposición da comunidade hereditaria pola que actua o demandante, con apercibimento de lanzamentos se non o deixa dentro do termo legal, con expresa imposición de custas á demandada.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facendolles saber ás partes que non é firme e contra da mesma cabe recurso de apelación dentro do termo de cinco días, ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde Sankyme, S.A., expido o presente edito que asino e selo en Santiago de Compostela o un de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-5936