Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.980

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (221/1994).

En virtude do acordado por disposición desta data recaída nos autos de xuízo declarativo de menor contía nº 221/1994, notifícaselle ó demandado e ás persoas descoñecidas e incertas na herdanza de Juan Manuel García Suárez, a sentencia dictada neste, que ten un encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o nº 221 de 1994, entre partes, de unha, como demandante, Jesús Precedo Lafuente, maior de idade, quen actúa en beneficio do Montepío de Previsión Social do Clero de Santiago de Compostela, integrado no Arcebispado de Santiago de Compostela, como presidente deste, así como en beneficio do propio arcebispado, e como socio no seu propio nome e dereito, célibe, veciño desta cidade, con domi

cilio na rúa Travesa, nº 26, representado en autos polo procurador García Piccoli-Atanes, asistido do letrado Martín Gómez; e doutra, como demandados, a Caixa de Aforros e Pensións de Barcelona La Caixa, domiciliada en Barcelona, representada en autos polo procurador Fernández Rial, asistido do letrado Sr.Freire Amador, Benigno García Suárez, maior de idade, casado, industrial, veciño do municipio de Fene, representado en autos pola procuradora Sánchez Silva, asistido do letrado Gesto Alonso e as persoas descoñecidas e incertas que teñan interese na herdanza de Juan Manuel García Suárez, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade e outros extremos.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador García Piccoli, en nome e representación de Jesús Precedo Lafuente, quen actúa como presidente do Montepío de Previsión Social do Clero de Santiago de Compostela, así como en beneficio do propio Arcebispado de Santiago e ad cautelam do seu propio nome como socio, contra Benigno García Suárez, a quen representa a procuradora Sánchez Silva, a Caixa de Aforros e Pensións de Barcelona La Caixa , comparecida baixo a representación do procurador Fernández Rial e as persoas descoñecidas e incertas que teñan interese na herdanza de Juan Manuel García

Suárez, incomparecidas e en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro: A) Que o saldo que consta na conta bancaria nº 2012-2186-3-0-01-000182-21, aberta na sucursal da rúa da Fonte de Santo Antonio nº 28 de Santiago de Compostela, da entidade Caixa de Aforros e Pensións de Barcelona La Caixa, pertence ó patrimonio do Montepío de Previsión Social do Clero de Santiago de Compostela, integrado no Arcebispado de Santiago de Compostela. B) Que a entidade La Caixa está obrigada a entregarlle o saldo que consta na dita conta ó seu propietario Montepío de Previsión Social do Clero de Santiago de Compostela. C) Que Benigno García Suárez e persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese na herdanza de Juan Manuel García Suárez non teñen dereito ningún sobre o saldo que consta na referida conta nº 2012-2186-3-0-01-000182-21, e deberán absterse de pertuba-la dita titularidade, así como devolverlle e reintegrarlle ó montepío demandante a suma de 2.124.361 ptas., mailos

xuros legais desde a interpelación xudicial; e condeno os demandados a estaren e pasaren polas anteriores declaracións e a cumprilas nos seus termos, todo iso con expresa imposición de custas ós accionados.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación ó demandado e ás persoas descoñecidas e incertas na herdanza de Juan Manuel García Suárez, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela o vinteoito de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-5949