Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.981

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (461/1989).

Eu, María Fe Meitin Fernández, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 461/1989, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador Caamaño Frade, contra Manuel Méndez Álvarez e María Concepción Barros González, veciños de Ribeira, r/ 9 de agosto nº 13, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 5 de outubro, ás 12.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 23.206.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 31 de outubro ás 12.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 27 de novembro, ás 12.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -coa excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos a licitación; esta cantidade calcúlase na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberán facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0461/1989, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, ó dispor do público na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, e entenderase que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-En caso de que houbese de suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que corresponda ó mellor ofertante, a que se reservará en depósito

como garantía do cumprimento da obrigación e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificarase ó debedor, no predio ou predios poxados e, de se-lo caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

1. Local nun soto, dunha superficie aproximada de 56 metros cadrados, na r/ 9 de agosto, nº 13, de Ribeira, inscrita no folio 48 do tomo 650 do arquivo, libro 152 de Ribeira, predio 13.321. Inscrición primeira do Rexistro de Noia. Valorada en 2.016.000 pesetas.

2. Local de planta baixa, de 105 metros cadrados sen división, na r/ 9 de agosto, nº 13-4, inscrita no folio 56, tomo 650 do arquivo, libro 152 de Ribeira, predio número 13.323. Inscrición primeira do Rexistro de Noia. Valorada en 13.650.000 pesetas.

3. Casa de planta baixa, nº 17 da rúa Xeneral Mola, de 56 metros cadrados e un terreo unido dunhas dúas concas e oitenta centiáreas, inscrita no tomo 437 de Ribeira, libro 73, folio 10, predio número 8.083, duplicado, inscrición cuarta do Rexistro de Noia. Valorada en 7.540.000 pesetas.

Valoración total: 23.206.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela, vinteséis de abril de mil novecentos novente e cinco.

Rubricado

95-5112