Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.877

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SESENTA E CATRO DE MADRID

EDICTO de poxa (827/1993).

Eu, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sesenta e catro de Madrid, fago saber que neste xulgado tramítase xuízo declarativo de menor contía rec. cantidade 00827/1993, por instanica de José Dopazo Carballo, representado pola procuradora Isabel Julia Corujo contra Arsenio García González e Consuelo Cores Villaverde e en execución de sentencia dictada nestes anúnciase a venda de pública poxa, por termo de vinte días dos bens inmobles embargados ó demandado Arsenio García González e Consuelo Cores Villaverde, que foron taxados pericialmente nunha cantidade de dezaseis millóns de pesetas. O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Capitán Haya, número 66, 6º andar, na forma seguinte:

En primeira poxa, o día nove de outubro de 1995 próximo e hora das 10.30, polo tipo de taxación.

En segunda poxa, en caso de non quedar rematados os bens na primeira, con rebaixa do vintecinco por cento do tipo, o día 6 de novembro de 1995 próximo á mesma hora.

E en terceira poxa, se non se rematara en ningunha das anteriores, o día catro de decembro de 1995 próximoaá esta hora, sen suxeción a tipo pero coas demais condicións da segunda.

Advírtese que non se admitirá oferta, en primeira nin en segunda poxa, que non cubran as dúas terceiras partes dos tipos de licitación que para tomar parte deberán consignar previamente os licitadores, na mesa do xulgado ou no Banco Bilbao Vizcaya, sucursal rúa Capitán Haya, número 66, conta de consignacións número 2661, clave 1582793, a cantidade do 25%

dos respectivos tipos de licitación, que as poxas se celebrarán en forma de poxas abertas, se ben, ademais ata o día sinalado para o remate poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, que non poderán licitarse en calidade de cede-lo remate a un terceiro, con excepción da parte actora, que, por instancia do actor, poderán reservarse os depósitos daqueles postores que cubrisen o tipo de poxa e o admitan, para efectos de que se o primeiro adxudicatario non cumprise as súas obrigas poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan, pola orde das súas respectivas posturas, que os títulos de propiedade, suplidos por certificación rexistral, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, debendo conformarse con eles os licitadores, que non terán dereito a esixir ningúns outros, que así mesmo estarán de manifesto os autos, e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as

acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen destinarse a súa extinción o prezo do remate.

Predio obxecto de licitación:

Piso 12 dereita, da casa número 53 da Avda. de Fernández Latorre da Coruña, inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña, libro 505, folios 227 e seguintes, predio número 29.961.

Dado en Madrid o dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-4974